Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Ad. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela, apoios 393 e 418, no concello de Redondela.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ad. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela, apoios 393 e 418, no concello de Redondela, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 30 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/94-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Ad. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela, apoios 393 e 418.

Concello: Redondela.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36045A016007250000WE

Bouza Fria

Jesusa Rincón Iglesias

10 de marzo de 2022

12.00