Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2705

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2021, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ribadeo.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de decembro de 2021, co seguinte texto literal: «Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ribadeo, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file