Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente CO-RES-2021-010 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

CO-RES-2021-010

Y2476906G

Resolución

OU-RES-2021-036

34994429K

Resolución