Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2658

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 11 de xaneiro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 3º cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio de colaboración en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Ourense

29.9.2021

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local, e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra de Trives

5.10.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a empresa Soom Management, S.L. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

26.10.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a empresa FCC Aqualia, S.A. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

28.10.2021

Sen achega económica