Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2017/166-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV parques eólicos Monte Tourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle, no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2017/166-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/166-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV parques eólicos Monte Tourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

V 24 (II)

Herdeiros de Manuel Ramos Mourelle

1607/2021

1,26 €

V 154 (III)

Pedro Oreiro Rodríguez

1612/2021

447,30 €