Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2021/257-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CTC Chaín.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 24 metros de lonxitude que se entronca mediante empalmes secos na LMTS existente VAA7080750 na derivación do centro de transformación (CT) Pedrouco-Chaín (36CNZ8), realizando entrada e saída no CT proxectado. Retirada do CT Chaín (36A743), que se substitúe por un centro de transformación tipo compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P en envolvente prefabricada de formigón de manobra exterior, con potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar da Igrexa, na parroquia de Chaín, no concello de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/257-4.

Denominación: LMTS e CTC Chaín.

Concello: Gondomar.

Paraxe

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Igrexa

Improdutivo

1630220NG2613S0000BQ

Leticia Rey Salgueiro

CT

16,81

3

12,44