Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3316

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2021 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 186, do 27 de setembro de 2021).

Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse e convocáronse as bases reguladoras para as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para o ano 2021 (código de procedemento SI452A), DOG núm. 186, do 27 de setembro de 2021.

Segundo o artigo 15.2 das bases reguladoras, e de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e prelación previstos no artigo 14 e segundo o establecido nos artigos 5 e 13 das bases reguladoras, por un importe total de 741.945,64 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2021.11.02.313B.481.2, código de proxecto e denominación 2018 00004 Axudas 0.7% IRPF, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non superaren o limiar de puntuación establecido no artigo 13.4 ou non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada. Utilizarase para tal efecto o anexo V.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que se outorguen pola Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión e, en todo caso, na anualidade 2021.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de febreiro de 2023.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través de conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23, ademais do anexo VI.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2022.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas ou investimentos subvencionados o seu financiamento por parte da Xunta de Galicia, de xeito que se cumpra a obriga de dar publicidade aos programas/investimentos subvencionados con cargo a esta convocatoria, nos termos establecidos no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Secretaria Xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Número de expediente

Nome da entidade

NIF

Denominación do programa

Importe solicitado

Valoración total

Importe da axuda

SI452A-2021-00000023-00

Cáritas diocesana de Santiago de Compostela (Agrupación das cáritas diocesanas de Galicia)

R1500053B

Programa de educación para a saúde e apoio á muller-Avelaiña

75.000,00

98,5

51.247,29

SI452A-2021-00000016-00

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Empoderamento a mulleres en situacións de dificultade social

97.156,66

93

48.385,77

SI452A-2021-00000050-00

Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

Portas abertas ás mulleres xordas do rural galego

74.803,79

90

46.824,94

SI452A-2021-00000020-00

Fundación Acción contra el Hambre

G81164105

Vives Emprega Saudable: Competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión

22.706,95

87

22.706,95

SI452A-2021-00000009-00

Fundación Anar

G80453731

Teléfono/chat Anar contra a violencia de xénero da Comunidade Autónoma de Galicia

29.970,85

85,5

29.970,85

SI452A-2021-00000046-00

Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami)

G32115941

Activa-Das. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade

75.000,00

84,5

29.308,94

SI452A-2021-00000024-00

ACCEM

G79963237

Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituídas

75.009,89

82,5

28.615,24

SI452A-2021-00000041-00

Ecos do Sur

G15354483

Olimpia IV

73.771,10

80,5

27.921,54

SI452A-2021-00000035-00

Cáritas diocesana de Lugo

R2701016D

Programa dirixido a promover a saúde integral das mulleres

75.000,00

79

27.401,26

SI452A-2021-00000008-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Achégate á rede

16.960,00

77,5

16.960,00

SI452A-2021-00000010-00

Asociación española contra el cáncer

G28197564

Atención integral á muller con cancro

75.000,00

77,5

26.880,98

SI452A-2021-00000013-00

Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña

G27262799

Velando pola miña saúde integral III

20.000,00

76

20.000,00

SI452A-2021-00000033-00

Médicos del mundo

G79408852

Tratamento da saúde integral das mulleres en situación de prostitución con especial atención ás consecuencias da pandemia COVID-19

74.985,33

76

26.360,70

SI452A-2021-00000032-00

Fundación Ronsel

G15752660

Xerentas: empoderamento da muller a través da promoción do autoemprego

65.288,63

75,5

26.187,28

SI452A-2021-00000002-00

Asociación mujeres en igualdad provincia de Lugo (Bumei)

G27441153

Enténdote, colle a miña man IV!

75.000,00

71

18.469,84

SI452A-2021-00000017-00

Fundación secretariado gitano

G83117374

Calí, pola igualdade das mulleres xitanas

74.900,60

71

18.469,84

SI452A-2021-00000034-00

Radio ECCA. Fundación canaria

G35103431

Muller avanza

68.829,31

70,5

18.339,77

SI452A-2021-00000021-00

Fundación amigos de Galicia

G15859911

A voz da igualdade

26.811,21

69,5

18.079,63

SI452A-2021-00000007-00

Instituto galego de xestión para o terceiro sector

G15784978

Programa de prevención para o desenvolvemento integral da sexualidade da muller

52.586,20

69

17.949,56

SI452A-2021-00000011-00

Red Araña. Red española de entidades por el empleo

G58579806

Muller TIC

39.556,00

68,5

17.819,49

SI452A-2021-00000044-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Actuacións para a prevención de VIH e outras ITS en mulleres que exercen a prostitución

21.105,87

68

17.689,42

SI452A-2021-00000005-00

Agrupación de entidades rurais Terra e Xente-CDR O Viso

G32122376

Elas-Empoderamento, Liberdade, Autoestima, Solidaridade

75.000,00

67

17.429,28

SI452A-2021-00000054-00

ValoReSC Innovation

G70377585

Vivenda activa e preventiva, dentro do programa integral "A tribo de Malala, un espazo de axuda e crecemento, con propósito e acción para mulleres vulnerables”

17.088,00

67

17.088,00

SI452A-2021-00000025-00

Federación de asociacións de mulleres rurais de Galicia (Fademur)

G70101647

RedMur

66.968,31

66,5

17.299,21

SI452A-2021-00000037-00

Fundación amigó

G81454969

Prevención e atención da violencia contra a muller no ámbito familiar-Proxecto Convivindo

75.000,00

65,5

17.039,07

SI452A-2021-00000026-00

ONG Mestura para la integración social de las personas inmigrantes y emigrantes

G15940414

Programa Saimi (Saúde Integral a Mulleres Inmigrantes) Edición III

16.306,92

65

16.306,92

SI452A-2021-00000031-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Itinerarios de empoderamento para mulleres migrantes de especial vulnerabilidade

75.000,00

65

16.909,00

SI452A-2021-00000001-00

Asociación Alar Galicia-Proxectos de inserción

G15775901

Proxecto Súmate

69.000,00

63

10.925,82

SI452A-2021-00000029-00

Down Vigo. Asociación para a síndrome de Down

G36697324

Formación universitaria para mulleres coa síndrome de Down e diversidade intelectual para a mellora da súa capacitación e empregabilidade

25.000,00

62

10.752,39

SI452A-2021-00000015-00

Asociación de mulleres rurais de Galicia

G70453584

Sementar ideas para recoller desenvolvemento

27.900,00

60,5

10.492,25

SI452A-2021-00000055-00

Asociación Antonio Noche

G15210388

Escola de emprego Elas

75.000,00

60,5

10.492,25

SI452A-2021-00000014-00

Apetamcor

G32026056

Programa Áncora

86.267,49

60

10.405,54

SI452A-2021-00000018-00

Asociación Diagnosticados de cancro de mama (Adicam)

G36380301

Por vós vale a pena! Programa de saúde integral para mulleres en situación de vulnerabilidade e con cancro de mama ou xinecolóxico

21.405,61

60

10.405,54

SI452A-2021-00000049-00

Viraventos

G70136429

Proxecto Xogoteca-Espazo de conciliación, proxecto para a conciliación de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillo e fillas de 0 a 12 anos residentes na cidade da Coruña e na súa contorna

15.998,28

60

10.405,54

SI452A-2021-00000059-00

ONG de desarrollo FIET

G86114741

Asistencia integral a mulleres vítimas ou posibles vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, con/ou sen fillos/as menores ao seu cargo

74.794,56

60

10.405,54