Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 15002003020 e dez máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avda. Salvador de Madariaga, 9-1ª planta), das 9,00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 28 de decembro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

Data da resolución

15002003020

Y5174475H

Concesión

30.3.2021

15030011420

Y7646945B

Desistencia

1.7.2021

15030011520

Y7667248M

Desistencia

1.7.2021

15030011920

32943713P

Desistencia

1.7.2021

15031003420

54705234X

Desistencia

1.7.2021

15036001321

32680618X

Denegación

10.6.2021

15036004220

X7955462S

Concesión

21.4.2021

15036010519

32699252Z

Desistencia

21.7.2021

15037000320

76295426X

Desistencia

1.6.2021

15057000420

79336401V

Desistencia

1.7.2021

15078006120

060148908

Desistencia

17.9.2021