Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 ao CT Subride, no concello de Vigo, de que é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/230-4).

A instalación denominada LMTS TRO701 ao CT Subride, no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 24 de agosto de 2021, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de febreiro de 2022, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e informándoos de que poderán ir acompañados dun perito ou un notario, á conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 3 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS TRO701 ao CT Subride

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub

m2 servidume de paso soterrada

Concello

1

6660212NG2766S0001IO

Subride

José María Calderón Orth

1

10,32

2,41

9,88

Vigo

2

6660211NG2766S0000ZI

Subride

José Antonio González Docampo

2

11,8

11,8

Vigo