Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4133

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, a Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense para a execución do Plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra.

Establecer a colaboración entre os asinantes para a execución do Plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra aprobado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mellorando as paisaxes e a calidade de vida dos cidadáns no marco do desenvolvemento sustentable.

Todas as actuacións descritas se desenvolverán en bens de titularidade das partes asinantes.

133.000 €

22.9.2021

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Centro Nacional de Información Xeográfica, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a obtención dunha cobertura de imaxes aéreas e ortofotos de 2020 de Galicia.

Coordinación de accións conxuntas para a obtención de coberturas de voo fotogramétrico dixital e de ortoimaxes dixitais en cor no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

200.525,28 €

1.10.2021

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a colaboración na realización de traballos relacionados co desenvolvemento rural.

Establecer un marco de actuación para a colaboración entre os asinantes co fin de apoiar os traballos relacionados co desenvolvemento rural e os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Sen achega económica

5.10.2021

2ª Addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias pola que se aproba o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe na futura área de especial interese paisaxístico 05-03 Ribeira Sacra.

Modificación da cláusula sexta do convenio, asinado o 5.10.2020, co fin de ampliar o prazo de xustificación das actuacións indicadas do 30.10.2021 ata o 30.11.2021.

Sen achega económica

8.10.2021

2ª Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos.

Modificación da cláusula cuarta do convenio, asinado o 23.6.2021, co fin de levar a cabo un reaxuste das anualidades, tanto no tocante ao importe achegado polo IET, coma no relativo ao control de calidade que debe realizar co seu propio persoal con cargo ao capítulo I dos seus orzamentos; non implica alteración do obxecto nin incremento do importe total das obrigas de contido económico asumidas.

Sen achega económica

8.10.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Arteixo, A Coruña, Narón e Poio para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas.

Modificación das cláusulas segunda, terceira, cuarta, oitava e anexos III e IV do convenio, asinado o 26.4.2021, derivada da imposibilidade de executar o contrato na anualidade 2021, polo que cómpre ampliar a súa vixencia por un ano e trasladar a súa execución e pagamento ao ano 2022. Non implica alteración do obxecto, incremento do importe total das obrigas de contido económico asumidas nin o número de exercicios orzamentarios a que imputan as devanditas obrigas.

Sen achega económica

14.12.2021

3ª Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Ames, As Pontes de García Rodríguez, Cee e Coirós para o desenvolvemento do programa de apoio cartográfico a concellos.

Modificación da cláusula cuarta do convenio, asinado o 23.6.2021, derivada da imposibilidade de formalizar o contrato antes de finalizar 2021, polo que cómpre facer un reaxuste das anualidades, tanto no tocante ao importe achegado polo IET, coma no relativo ao control de calidade que debe realizar co seu propio persoal con cargo ao capítulo I dos seus orzamentos. Non implica alteración do obxecto, da vixencia nin incremento do importe total das obrigas de contido económico asumidas.

Sen achega económica

29.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, a Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense para a execución do Plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra.

Modificación das cláusulas segunda, terceira, oitava, novena e décima do convenio, asinado o 22.9.2021, co obxecto de poder pospoñer a execución material que estaba para a primeira anualidade do Plan de acción, así como a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde na parte correspondente ao ano 2021. As accións que se pospoñen suman un total de 56.450 €.

Sen achega económica

30.12.2021