Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 15030000719 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións dos recursos de alzada ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avda. Salvador de Madariaga, 9-1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor o recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de decembro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15030000719R

Y6593636X

Estimación

6.5.2021

15030068216R

34317720H

Desestimación

21.5.2021

15078010620R

36044894F

Estimación parcial

14.7.2021