O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2021
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega económica da Consellería (€) |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Coirós de Abaixo. |
8 de setembro de 2021 |
79.510,22 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arnoia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización de parque público no lugar de Outeiro Cruz. |
9 de setembro de 2021 |
229.324,45 € |
Addenda núm. 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de tres novas plantas de biorresiduos. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. |
Modificación da cláusula 3ª e anexo I do convenio asinado o 26 de xullo de 2021, para unha axeitada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes axustando as achegas á realidade de execución do contrato de obra por parte de Sogama. |
10 de setembro de 2021 |
Non supón incremento do convenio inicial |
Protocolo xeral entre a Xunta de Galicia, Clúster de turismo de Galicia e Ecoembalajes España, S.A. |
As partes manifestan a súa intención de unificar esforzos e establecer liñas amplas de actuación que canalicen e incrementen futuras colaboracións en materia de protección do ambiente e fomento da sustentabilidade no ámbito da actividade turística, en particular no relativo á recollida selectiva e a reciclaxe de residuos de envases. |
22 de setembro de 2021 |
Non supón achega económica |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Piñor, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dun edificio destinado a usos múltiples no lugar de Arenteiro. |
30 de setembro de 2021 |
359.237,43 € |
Acordo unánime de resolución por mutuo acordo do Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chantada para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Declarar resolto por acordo unánime o Acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chantada subscrito o 5 de agosto de 2021 para a execución das obras de peonalización da rúa Comercio. |
6 de outubro de 2021 |
Non supón achega económica |
Addenda núm. 1 ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia. |
Ampliación do contido das cláusulas terceira (obrigas das partes) e cuarta (compensación de custos). |
7 de outubro de 2021 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
Addenda núm. 3 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade dos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo. |
Modificación do contido da cláusula segunda. Compromisos da Xunta de Galicia para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes, así como ampliar a vixencia do convenio modificando a súa cláusula décima para axustar as achegas á realidade da execución dos traballos de tramitación do PXOM ata a súa aprobación definitiva. |
21 de outubro de 2021 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Servizo Galego de Saúde para desenvolver a Estratexia de economía circular do Servizo Galego de Saúde. |
A regulación das relacións de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Servicio Galego de Saúde para a elaboración da Estratexia de economía circular do Servizo Galego de Saúde e a cooperación en materia de clima e saúde. |
2 de novembro de 2021 |
15.000,00 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Bolo para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Bolo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do entorno do núcleo de Celavente. |
4 de novembro de 2021 |
34.893,08 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribas de Sil para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribas de Sil, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización e humanización da parcela do campamento de turismo municipal. |
8 de novembro de 2021 |
63.553,75 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da vía principal no lugar dos Novais. |
12 de novembro de 2021 |
55.028,62 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda á habilitación dunha instalación específica para tratar residuos sanitarios (Tipo II e III) operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. |
O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións da axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a Sogama para a xestión e o tratamento previo dos residuos sanitarios afectados pola COVID-19 para a súa valorización enerxética. En concreto, consiste no financiamento dunha instalación específica e temporal onde se levou a cabo a trituración e posterior transporte pneumático ao interior da caldeira para a súa incineración, garantindo así tanto a seguridade e a saúde dos traballadores como as condicións de emisións e parámetros establecidos na autorización ambiental integrada (AAI). |
12 de novembro de 2021 |
982.828,25 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da praza e espazo público no entorno da Casa do Concello, centro de saúde e talleres culturais. |
15 de novembro de 2021 |
35.495,33 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora das rúas da Igrexa, do Cemiterio e dos Lameiros no lugar do Tameirón. |
24 de novembro de 2021 |
38.992,61 € |
Adenda núm. 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para a axuda para a construción de seis plantas de transferencia de residuos urbanos en Galicia, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. |
Modificación das cláusulas 6ª, 8ª y 12ª do Convenio asinado o 26 de xullo de 2021. |
26 de novembro de 2021 |
Non supón incremento do anterior convenio |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Parada de Sil para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Parada de Sil, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización e mellora de espazo público. |
29 de novembro de 2021 |
125.770,83 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a fundación da universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento da análise da incidencia do cambio climático na costa galega, cofinanciado nun 80 % polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. |
Regular o marco común de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para aumentar a resiliencia da costa de Galicia fronte ao cambio climático. As actuacións comprendidas dentro do marco de colaboración deste convenio están dirixidas a realizar un traballo conxunto entre as institucións asinantes onde se desenvolva a produción científica e académica necesaria para definir e aplicar a meteoroloxía que permita avaliar os impactos do cambio climático na costa e a análise e avaliación dos riscos asociados, tendo en conta as especiais características da costa galega. |
13 de decembro de 2021 |
159.000,00 € |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización, melloras bioclimáticas e aproveitamento dos recursos hídricos de San Pedro de Leirado. |
16 de decembro de 2021 |
344.588,66 € |
Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado. |
Establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela curriculares e extracurriculares, sexan presenciais ou telemáticas en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, adscritas ao cumprimento das funcións e competencias en materia científico-ambiental e en materia de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, así como en avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental para o logro da axeitada protección ambiental. |
20 de decembro de 2021 |
Non supón achega económica |
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Laracha para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Laracha, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do entorno do campo da feira de Paiosaco. |
23 de decembro de 2021 |
92.105,74 € |
Addenda núm. 1 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos |
23 de decembro de 2021 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
Addenda núm. 2 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribadavia para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos. |
23 de decembro de 2021 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de medio ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga. |
Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. |
27 de decembro de 2021 |
Non supón achega económica |
Addenda núm. 2 e prórroga do Acordo de Cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo. |
Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula décimo segunda –vixencia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos. |
28 de decembro de 2021 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |