Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e rasante na avenida da Coruña número 74 e na rúa Fonte San Blas número 1, San Xoán de Lagostelle (expediente 363/2021).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de setembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e rasante na avda. da Coruña nº 74 e na rúa Fonte San Blas nº 1, San Xoán de Lagostelle (expediente número 363/2021).

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.concellodeguitiriz.com

Así mesmo, faise constar que, unha vez publicado este anuncio, se remitirá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha copia dixitalizada, en soporte dixital, do documento aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82.4 e 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Guitiriz, 17 de xaneiro de 2022

Marisol Morandeira Morandeira
Alcaldesa