No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 413/2021 (procedemento abreviado) de Unión Sindical y Técnicos Sanitarios (USAE) contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, do 8 de xuño de 2021, pola que se convoca o concurso de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria, correspondente a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e persoal de xestión e servizos.
Impúgnase o número 3.2 «Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde», correspondente á epígrafe II «Formación continuada e docencia» do anexo III «Baremo».
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos