De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos da notificación realizados sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.
Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, na rúa Serra dos Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que contra estas resolucións poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta (30) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación efectuada por comparecencia, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Lugo, 28 de decembro de 2021
Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Proc. BS611A Nº de expediente |
Persoa interesada DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
LU-0000056102 |
75234476G |
Resolución por caducidade |
27.10.2021 |
LU-0000055768 |
33648933W |
Resolución por desistencia |
7.10.2021 |
LU-0000055394 |
76564220A |
Resolución por desistencia |
13.10.2021 |
LU-0000055100 |
33318824N |
Resolución por caducidade |
7.10.2021 |