De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.
Lugo, 30 de decembro de 2021
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
NIF persoa interesada |
Referencia catastral das parcelas afectadas |
Acto de notificación |
AFC 150/2021 |
33573886G |
27900A035004160000EJ 27900A052000520000EF |
Requirimento |