Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2022 Páx. 4605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a modificación substancial da autorización ambiental integrada de CZ Veterinaria, S.A., para a planta de produción de especialidades farmacéuticas que se localiza no Porriño (Pontevedra) (expediente 2021-IPPC-M-77).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que, por espazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada por CZ Veterinaria, S.A. para a ampliación e acondicionamento da planta do Porriño para a produción dunha vacina para a COVID-SARS-19.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público.

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-M-77.

Peticionaria: CZ Veterinaria, S.A.

CIF: A36201259.

Domicilio social: A Relva, s/n, 36410 O Porriño, Pontevedra.

Localización da instalación: A Relva, s/n, 36410 O Porriño, Pontevedra.

Actividade: planta de fabricación de medicamentos de uso veterinario e humano.

Descrición da modificación: acondicionamento das instalacións para incrementar a produción e fabricar unha vacina para a COVID-SARS-19. Este acondicionamento supón unha nova planta de augas para inxectables, o acondicionamento dun dos edificios para instalar unha planta para a produción de antíxenos e unha planta de envasado, e a instalación de módulos prefabricados de conservación con ultra-conxeladores.