Unha vez aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, en sesión extraordinaria do 22 de decembro de 2021, o orzamento xeral da mancomunidade para o exercicio 2022, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e nas disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, polo prazo de 15 días hábiles, que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, co fin de que durante este os interesados poidan examinar o expediente e formular ante o Pleno as reclamacións que se consideren oportunas.
Sarria, 29 de decembro de 2021
Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés