O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022
A presidenta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54/2019)
Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
ANEXO
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado polo Issga |
Data de sinatura |
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no servizo público de saúde |
Establecer as condicións, requisitos e procedementos polos cales se debe rexer a cesión de datos en materia de accidentes de traballo entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Consellería de Sanidade, para desenvolver esta última o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no servizo público de saúde |
0,00 € |
29.12.2021 |