Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 4 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha planta solar fotovoltaica no concello de Vilalba (expediente LU-2021-02).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación de produción de enerxía eléctrica que se describe a seguir:

Solicitante/Promotora: Energy Team, S.L. (CIF B27511310).

Domicilio social: rúa Maciñeira, 32, parque empresarial Sete Pontes, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: proxecto técnico para implantación de planta solar fotovoltaica.

Situación: Orbazán, Goiriz, concello de Vilalba (Lugo).

Parcelas con referencia catastral: 27065A060006450000FI, 27065A060006610000FY, 27065A060007570000FQ e 27065A060007580000FP.

Coordenadas UTM ETRS89: X: 612.226, Y: 4.798.196.

Potencia instalada: 875 kW.

Características técnicas principais das instalacións:

• Instalación solar fotovoltaica conectada á rede de distribución de 875 kW de potencia nominal (1.080 kWp), formada por:

– 2.400 módulos solares fotovoltaicos de silicio monocristalino de 450 Wp por unidade.

– 40 seguidores solares a un eixo horizontal, con movemento ± 55º E-O, fincados directamente ao chan.

– 5 inversores de 175 kW de potencia nominal unitaria intemperie (IP-65).

– Elementos de protección e medida.

• Edificio prefabricado de formigón no que se instala:

– Centro de transformación (CT) de 3.000 kVA e relación de transformación 20/0,8 kV, con tres celas (liña, protección e medida).

– Centro de seccionamento (CS), con dúas celas de liña e unha de protección, que será cedido á empresa distribuidora.

– Cadro de protección de liñas e inversores.

– Cadro xeral de mando e protección dos servizos auxiliares.

• Liña eléctrica soterrada a 20 kV, en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al 2OL, de 20 m de lonxitude, de entrada e saída no CS proxectado ata o apoio de conexión coa rede de distribución, que será obxecto doutro proxecto. Esta liña tamén será cedida á empresa de distribución.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións.

Documentación que se expón:

O proxecto de execución (asinado con data do 27 de decembro de 2021 e visado na mesma data co número 12502021).

O que se fai público de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e co artigo 47 da Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 62.

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/solar-fotovoltaica/orbazan-goiriz-vilalba

Lugo, 4 de xaneiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo