Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 20 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Marcofán, situado nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz, provincia de Ourense (expediente IN408A 2017/020).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Marcofán Eólica, S.L.; CIF: B32495202.

• Denominación do proxecto: Parque Eólico Marcofán.

• Concellos afectados: O Irixo, Boborás e Beariz (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 39,2 MW.

• Número de aeroxeradores: 7 × 5,6 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción neta anual estimada: 113.198 Mwh/ano.

• Subestación: colectora Paraño (obxecto doutro expediente).

• Liña de evacuación: CSM PE Marcofán-arqueta receptora subestación colectora Paraño.

• Prazo de execución: 9 meses.

• Orzamento de execución material: 24.226.677 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

As coordenadas que definen a poligonal do parque eólico son:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

V01

562.810

4.706.770

V02

563.560

4.706.770

V03

563.560

4.704.770

V04

562.210

4.704.020

V05

562.210

4.701.820

V06

561.260

4.701.820

V07

560.510

4.704.520

V08

561.160

4.705.920

V09

562.110

4.705.920

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para o centro de seccionamento e medida (CSM) son:

UTM-X

UTM-Y

AG1

562.869

4.706.578

AG2

563.025

4.706.253

AG3

561.333

4.703.651

AG4

561.402

4.703.298

AG5

561.466

4.702.943

AG6

561.481

4.702.584

AG7

561.564

4.702.233

CSM

561.857

4.704.283

As coordenadas previstas en proxecto para a arqueta receptora na subestación colectora Paraño son:

Arqueta

UTM-X

UTM-Y

Arqueta

561.855

4.704.276

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 7 aeroxeradores modelo V162 de 5.6 MW do fabricante Vestas, cunha altura de buxa de 119 m, diámetro de rotor de 162 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 7.000 kVA e relación de transformación de 0.720/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida (CSM) do parque eólico, composta por tres circuítos con condutores tipo Al RHZ1-OL 18/30 (36) kV de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores AG1 e AG2, circuíto 2 para os AG3, AG4 e AG5, e o circuíto 3 para os AG6 e AG7.

– Centro de seccionamento e medida (CSM) do parque eólico, edificio prefabricado en envolvente de formigón monobloque, con celas de protección de entrada e saída de liña a 30 kV, con interruptor automático Inom 1200 A, cela de medida de tensión e cela de protección de transformador para SSAA, de 50 kVA r/t: 30/0.42 kV. Equipos de control do parque composto por PC e software tipo Scada para a supervisión local e remota de instalacións e de equipamento e medida e facturación.

– Liña de evacuación LSAT a 30 kV composta por tres circuítos eléctricos subterráneos, executados en gabia única e condutores RHZ1 18/30 kV 3×(1×240/400/630) Al, con orixe no CSM do PE Marcofán e fin en arqueta receptora na subestación colectora Paraño (obxecto doutro expediente).

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (asinado en xaneiro-2022).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado en xullo-2021).

3. O proxecto de interese autonómico (asinado en xullo-2021 ).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación pódese examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 20 de xaneiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense