Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento sancionador PSC/2021/100 por infraccións en materia sanitaria.

O 16 de decembro de 2021, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2021/100 por infraccións en materia sanitaria.

Tras o intento de efectuar a notificación ao interesado no domicilio coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da incoación do procedemento sancionador PSC/2021/100 e ao non ser posible a súa práctica, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, podendo, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia. Poderá consultar o expediente depositado nas dependencias da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios-Servizo de Xestión Xurídico Administrativo II, situada en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico

ANEXO

Número do expediente: PSC/2021/100.

Documento de identificación: 33148074-Z.

Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas, nº-9, 2º, porta C, 15701 Santiago de Compostela. (A Coruña).

Feitos imputados: infracción do articulo 21.3.c) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecemento sanitarios.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 €.