Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6278

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a continuación se relacionan, que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

DNI

Abalde González, Jorge Javier

***7081**

Espiña González, Sara

***7191**

García Coque, María Monserrat

***8298**

Naya Varela, Fidel

***6508**

Ruiz Genovés, María de las Mercedes

***8455**

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 2 de febreiro de 2022 en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de cincuenta (50) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do cal se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal