Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6240

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se publican as bases das bolsas de comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) para o curso académico 2021/22.

BDNS (Identif.): 605877.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria:

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumando que está matriculado/a en grao ou máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro) no curso 2021/22.

Segundo. Obxecto

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do estudantado cunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución Reitoral pola que se convocan bolsas comedor no curso académico 2021/22.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos oitenta mil euros (280.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 31 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2022.

Vigo, 30 de decembro de 2021

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 26.5.2020, DOG do 4.6.2020)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Captación de Alumnado,
Estudantes e Extensión Universitaria