Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 7057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
e Administración Pública nos meses de setembro,
outubro, novembro e decembro do ano 2021

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

21.9.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Unión Independente de Transportistas Autónomos de Asturias para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

20.9.2021

Protocolo de adhesión do Concello do Valadouro ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

4.11.2021

Protocolo de adhesión do Concello de Montederramo ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

19.10.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello do Vicedo para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos.

Sen achega económica

17.8.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Baltar para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos.

Sen achega económica

4.8.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monfero para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos.

Sen achega económica

30.7.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de San Xoán de Río para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos.

Sen achega económica

2.8.2021

Protocolo de adhesión do Concello de Alfoz ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

4.11.2021

Convenio entre a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia sobre intercambio recíproco de información.

Sen achega económica

29.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación de Revista Galega de Economía no ano 2021.

7.500

29.10.2021

Protocolo de adhesión do Concello de Dodro ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

25.11.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía (Delegación de Galicia), para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

15.12.2021

Protocolo de adhesión do Concello de Lalín ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

16.12.2021

Protocolo de adhesión do Concello de Oia ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020, entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

19.11.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

22.12.2021

Convenio de colaboración subscrito entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña.

629.200 anuais

23.12.2021