Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 7093

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018 (CE2021N).

No Boletín Oficial da provincia nº 234, do 2 de decembro de 2021, con rectificación no BOPP nº 239, do 13 de decembro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:

– Dúas prazas de enxeñeiro/a de camiños, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integradas no grupo A1, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de técnico/a superior fitopatólogo/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de diplomado/a en Enfermaría, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de técnico/a en orientación de procura de emprego, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, por concurso-oposición libre.

– Unha praza de técnico/a de formación para o emprego, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, por concurso-oposición libre.

– Dúas prazas de analista de laboratorio, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, por concurso-oposición libre.

– Un posto de técnico de Administración, do grupo A1, por concurso-oposición libre.

– Dous postos de conservador/a-restaurador/a, do grupo A2, por concurso-oposición libre.

– Un posto de axudante de conservación e arquivo gráfico, do grupo A2, por concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL