Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7172

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2022-2023 (código de procedemento MR237B).

O desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e á loita contra diversas enfermidades animais redunda nunha mellora cuantitativa e cualitativa das producións gandeiras e nunha maior rendibilidade aos titulares das explotacións.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (en diante, ADSG) están dirixidos directamente a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar paulatinamente a rendibilidade desas explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

A nivel colectivo, as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras constitúen unha peza fundamental na rede de epidemiovixilancia sanitaria de Galicia e desenvolven un papel substancial no asesoramento e mantemento dunhas correctas medidas de vixilancia sanitaria e de bioseguridade das nosas explotacións gandeiras.

A Consellería do Medio Rural mediante a presente orde de axudas pretende estimular a integración de persoas titulares de explotacións gandeiras nas ADSG, establecendo axudas proporcionais ao sobreesforzo económico que realizan coa execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais que melloran as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribúen a acadar un mellor status sanitario para o gando galego.

A convocatoria destas axudas realizase no marco da regulación estatal do Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establece as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Estas axudas foron comunicadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación á Comisión Europea para o período 1.1.2015 ata o 31.12.2020, segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e outorgóuselles o número de axuda SA.40306(2014/XA)-AGRI.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para o desenvolvemento dos programas sanitarios establecidos no anexo V da presente orde (MR237B).

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para a anualidade 2022-2023 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Artigo 2. Finalidade das axudas

1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.

2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2022 ou na data de presentación da solicitude de axudas se esta for posterior e rematarán o 28 de febreiro de 2023, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo V.

Artigo 3. Gastos subvencionables

Son gastos subvencionables os previstos nas seguintes liñas:

1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.

Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable ou colaboradora por ADSG.

2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:

– Luvas, calzas ou similares.

– Tubos, agullas, campás e demais dispositivos dun só uso para extracción de sangue ou tecido de orella.

Consideraranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2022 ata o 28 de febreiro de 2023, ou desde a presentación da solicitude ante a autoridade competente en materia de sanidade animal, se esta é posterior á data do 1 de marzo de 2022. En todo caso, os custos subvencionables serán xustificados mediante as probas documentais claras, específicas e actualizadas indicadas no artigo 20. O imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE) non será subvencionable, salvo cando non sexa recuperable para o beneficiario.

Para estes efectos, as ADSG beneficiarias que estean incluídas nos supostos de non recuperación do IVE deberán comunicalo á Consellería do Medio Rural no momento da solicitude da axuda mediante certificación da Axencia Tributaria.

Artigo 4. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación da presente orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no Rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

d) Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar suxeitas as entidades a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Artigo 6. Procedemento de presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os anexos desta convocatoria publícanse no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para efectos informativos e é necesario realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para cubrilos, validalos e presentalos telematicamente.

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 e 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As solicitudes (anexo I) deberán ser asinadas mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, emitirase un recibo, que poderá ser impreso e gardado polo interesado, mediante o cal quedará constancia do feito da súa presentación. A obtención deste recibo é o que lle garante ao solicitante que a presentación tivo lugar e acredita fronte á Administración e fronte a terceiros a presentación da solicitude.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación.

a) Acreditación da representatividade do solicitante mediante certificación do secretario, en que consten os seguintes datos:

1º. Nome e apelidos.

2º. DNI/NIE.

3º. Enderezo.

4º. Teléfono móbil.

5º. Enderezo electrónico.

A representatividade deberá recaer sempre nun membro da xunta directiva da ADSG.

b) Relación informatizada actualizada de explotacións da ADSG e os seus censos, segundo o anexo III.

c) Copia da acta ou certificación do secretario da ADSG, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda e se asume o compromiso de execución do programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural.

d) Cronograma e planificación do desenvolvemento do programa sanitario marco obrigatorio, adaptado á realidade da propia ADSG en que se inclúa unha estimación das mostras que se remitirán ao longo do ano ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (en diante, Lasapaga) e, se é o caso, do programa sanitario adicional de actuación que se pretende desenvolver, no cal se definirán os obxectivos e o prazo de execución. A planificación presentada debe ser agrupada en prazos trimestrais. Os referidos documentos estarán asinados polo persoal veterinario responsable e polo presidente da ADSG.

e) Orzamento sen o IVE, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas sinaladas:

1º. Por remuneración do persoal facultativo veterinario ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización do programa sanitario da ADSG (artigo 17.1).

Se a ADSG contase con máis dunha persoa veterinaria para a realización do programa sanitario, deberá especificarse o solicitado por cada unha delas.

2º. Pola adquisición de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario (artigo 17.2).

O orzamento deberá presentarse mediante o modelo do anexo II, asinado electronicamente polo presidente da entidade coa sinatura dixital do DNI electrónico ou calquera outro medio de sinatura electrónica avanzada.

A súa presentación deberá ser conforme co anexo II.

f) Anexo VI: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto.

g) Contrato do persoal veterinario responsable da execución do programa sanitario.

h) Documento que indique para cada persoa veterinaria que participe no programa o nome e apelidos, documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE), número de colexiado, enderezo, teléfono móbil e correo electrónico.

i) Facturas pro forma. No caso da prestación de servizos veterinarios, só cando a contratación destes sexa a través dunha empresa.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Título universitario do persoal veterinario responsable do programa sanitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes (anexo I)

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Poderanse cubrir e rexistrar os formularios a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ata as 24.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 12. Solicitude de ofertas para realizar o gasto subvencionable

De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23 UE e 2014/24, do 26 de febreiro de 2014, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 13. Emenda

1. Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase o interesado na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que nun prazo de dez días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

2. As emendas, melloras da solicitude e todos os trámites e xestións máis comunmente utilizados na tramitación administrativa deberán presentarse unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta cidadá, https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan, da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 14. Tramitación e resolución

1. O órgano competente para a instrución e tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Unha vez recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor, que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, para o que lle concederá un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido este prazo sen que se produza a emenda do expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.

2. A baremación das solicitudes, segundo os criterios do artigo 18, será efectuada por un órgano colexiado constituído para o efecto, integrado pola persoa titular da Subdirección Xeral de Gandaría como presidente/a, a persoa titular do Servizo de Sanidade Animal como vogal e a persoa titular da xefatura de sección de sanidade animal do dito servizo como secretario/a, que levantará acta que incluirá a relación das entidades beneficiarias que cumpran cos requisitos establecidos na presente orde e das entidades que por algún motivo non os cumpran.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Gandaría elevará a proposta de resolución ao órgano administrativo competente.

3. A resolución do expediente correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro do Medio Rural. O prazo máximo para resolver e notificar o procedemento será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. No caso de producírense cambios nos datos para efectos de notificación facilitados coa solicitude de axuda ao longo do período subvencionable, deberanse comunicar ao órgano xestor da axuda a través de medios electrónicos, nos termos previstos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Publicación das axudas concedidas

A resolución das axudas concedidas ao abeiro da presente orde publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 17. Contía das axudas e límites

A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:

1. Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

a) Subvencionarase un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario da agrupación, e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria responsable do programa sanitario a tempo parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa).

No caso de que unha persoa veterinaria preste servizos en para máis dunha ADSG, a axuda que se perciba nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.

b) Nas ADSG de gando bovino, para acadar os importes indicados no punto anterior, computarase un mínimo de 4.000 unidades de gando maior (en diante, UGM) por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo ao programa sanitario da ADSG, e un mínimo de 2.000 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa, e reducirase proporcionalmente a axuda da entidade no caso de non acadárense as UGM mencionadas. Se a ADSG conta con varias persoas veterinarias, para o cálculo da axuda que se adxudicará asignaranse tanto as UGM mínimas sinaladas como os importes que percibirá cada persoa veterinaria, segundo a prelación destas establecida pola propia entidade no orzamento solicitado, realizándose a redución proporcional na última delas en que se asignen as UGM da agrupación por debaixo dos límites indicados.

No caso de ADSG de gando bovino que teñan polo menos o 50 % dos concellos do seu ámbito territorial considerados como zonas de montaña segundo o anexo IV da Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, computaranse as UGM do parágrafo anterior da seguinte maneira: 3.300 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo e un mínimo de 1.650 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa.

c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número UGM da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

1º. ADSG de vacún: 6,12.

2º. ADSG de ovino e cabrún: 7,5.

3º. ADSG de porcino: 1,7.

4º. ADSG de avicultura: 0,9.

5º. ADSG de cunicultura: 1,5.

6º. ADSG de visóns e outras especies: 0,5.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente e publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio de 2001).

Para o cálculo do importe máximo teranse en conta as UGM en función do censo das explotacións que consten de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural na data de remate do prazo de solicitude de axuda.

2. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

Poderase solicitar por esta liña ata o importe resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,10, excepto as ADSG de aves, cuxo coeficiente que se multiplicará das UGM será de 0,005, cun máximo de axuda percibible por ADSG de 4.000 euros.

Artigo 18. Criterios de outorgamento da subvención

As solicitudes serán ordenadas en función da puntuación obtida de acordo cos seguintes criterios e a valoración de cada un deles, cun máximo de 100 puntos.

1. Censo de explotacións e de gando integrante da ADSG:

1.1. Nº de explotacións Nº puntos

0-50 0

51-100 2

101-150  4

151-200  6

201-250  8

251-300 10

301-350 12

351-400 14

401-500 16

>501  18

1.2. Censo (nº UGM) Nº puntos

<1.500  0

1.501-2.000 2

2.001-2.500 4

2.501-3.000 6

3.001-4.000 8

4.001-5.000 10

5.001-6.000 12

6.001-7.000 14

7.001-8.000 16

>8.001  17

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 35 puntos.

2. Número de persoas veterinarias contratadas pola ADSG con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario.

Nº persoas veterinarias contratadas a tempo completo

Nº puntos

1

7

2-3

12

>3

15

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 15 puntos.

3. Especie gandeira:

Especie

Nº puntos

Bovino e porcino

30

Ovino e cabrún

20

Aves e équidos

15

Coellos

10

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 30 puntos.

4. Fusión de ADSG, no período comprendido desde o 21.1.2021, data de publicación da anterior orde de axudas ás ADSG, ata a data de publicación da presente orde, e segundo o número de ADSG fusionadas, coa seguinte puntuación:

Nº ADSG fusionadas

Nº puntos

2 ADSG

10

3 ou máis ADSG

20

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 20 puntos.

A axuda outorgarase tendo en conta a prioridade seguinte entre as diferentes liñas sinaladas no artigo 3:

1º. Contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da execución e supervisión do programa sanitario.

2º. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

En cada unha das liñas, as axudas serán adxudicadas progresivamente segundo a prelación obtida en función dos criterios sinalados anteriormente, ata o esgotamento do crédito.

No caso de que exista remanente orzamentario unha vez finalizada a repartición segundo as epígrafes anteriores, poderanse incrementar os importes subvencionables para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo completo en 600 euros, segundo a prelación establecida para cada ADSG no outorgamento da axuda, e para cada persoa veterinaria no orzamento solicitado pola ADSG. Unha vez realizada esta repartición, se aínda queda remanente, aplicaríase un incremento de 300 euros na axuda para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo parcial, ou pertencente a empresas de servizos veterinarios, cos mesmos criterios que no caso anterior, ata acabar o dito remanente. No caso de que, unha vez realizadas estas reparticións, aínda quede remanente, incrementaranse novamente os importes que percibirá cada persoa veterinaria contratada, a razón de 300 euros por persoal facultativo con dedicación a tempo completo e continuando polo persoal facultativo a tempo parcial ou pertencente a empresas de servizos técnicos veterinarios a razón de 150 euros. Esta última repartición poderá repetirse ata esgotar a totalidade do crédito dispoñible. Estes incrementos realizaranse sempre que non se superen os límites establecidos nas alíneas b) e c) do artigo 17.1.

Ademais, a axuda sinalada na liña de adquisición de material funxible só se concederá se non se superan os límites establecidos no artigo 17.2.

Artigo 19. Modificación das axudas

1. As subvencións a que se refire a presente orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o cal se concedeu, nos termos establecidos na presente orde.

3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución inicial da axuda concedida.

Artigo 20. Xustificacións

1. Consideraranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido ata o 28 de febreiro de 2023.

Para subvencionar considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado no dito prazo.

2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

A documentación xustificativa do gasto presentarase unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta cidadá, https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan, da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia nos prazos indicados no artigo 21.1.

3. Os documentos mencionados deberán ir acompañados dunha relación destes informatizada e dunha memoria explicativa sobre a realización do programa subvencionado, que acredite a prestación efectiva dos servizos.

Na relación informatizada deberán constar perfectamente diferenciados os seguintes conceptos:

a) Facturas definitivas ou nóminas que xustifiquen o gasto subvencionable que teña a ADSG dos cales poida presentar xustificante bancario do pagamento, en que deberá constar a seguinte información obrigatoria: número de factura ou nome do mes a que corresponda a nómina, a identificación do emisor e do destinatario das facturas ou nóminas.

b) Documentos bancarios (xustificante de transferencia, certificación bancaria, etc.) que xustifiquen o pagamento pola ADSG do gasto subvencionable, nos cales deberán constar obrigatoriamente os seguintes campos: número/s de factura/s obxecto de pagamento, a data de pagamento, a identificación da ADSG pagadora e o nome do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura ou nómina. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser copia, e estará selada pola entidade bancaria.

4. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas no gasto, deberanse identificar no documento do pagamento os números das facturas obxecto do pagamento.

5. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos, cada un destes deberá facer referencia ao número da factura á cal se imputa o pagamento, e acompañarase dunha relación de todos os documentos e importes acreditativos do pagamento desa factura.

A axuda adxudicada que se xustifique mediante facturas, deberá incluír sempre, a maiores do importe da axuda que se vai xustificar, o IVE correspondente para que non implique redución ningunha da axuda inicial.

6. Se, realizada a actividade e finalizado o prazo para xustificar, non se xustifica o cen por cento da axuda concedida, para os efectos de perda do dereito ao cobramento, aplicarase o principio de proporcionalidade ao total da axuda adxudicada á ADSG, tendo en conta sempre o xustificado por cada persoa veterinaria e por cada liña de axuda.

7. Ademais das xustificacións económicas, as ADSG deberán presentar como máximo ata o 10 de marzo de 2023 unha declaración de cada unha das persoas veterinarias actuantes, conforme todas as actuacións obrigatorias realizadas por este persoal, establecidas no anexo V desta orde para o desenvolvemento dos programas sanitarios nas explotacións están gravadas na aplicación informática FICADI_ADSG con data do 28.2.2023.

Cada persoa veterinaria deberá xustificar as actuacións realizadas nun número de explotacións e UGM correspondente ao importe desagregado da axuda solicitado para esa persoa veterinaria.

Esta xustificación levarase a cabo coa elaboración e posta á disposición dos servizos veterinarios oficiais dos partes de actuación en cada explotación en que se realicen actuacións, que deberán estar asinados e rubricados en cada actuación polo persoal veterinario actuante e a persoa titular ou representante da explotación.

Así mesmo, as actuacións realizadas deberán ser gravadas na aplicación FICADI_ADSG, por parte do persoal veterinario que as realizou, nun prazo máximo de 15 días naturais desde a data de realización.

Non terán a consideración de actuacións xustificativas da axuda as puramente administrativas (entrega de resultados, comunicacións, etc.), que terán a consideración de actuacións complementarias ás actuacións recollidas no anexo V.

8. De acordo co artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención desenvolvida nesta orde, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

Artigo 21. Prazos para xustificar e solicitude de anticipos

1. Ata o 10 de decembro de 2022 xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2022. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2023 poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2023.

2. Coa solicitude da axuda (anexo I), as ADSG deberán solicitar o anticipo do 44,17907 % do total da subvención aprobada, suxeito ás dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2022.

Para poder ser autorizado o dito anticipo, as entidades beneficiarias non poderán ter abertos expedientes de reintegro de axudas de anos anteriores.

En virtude do artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deste anticipo quedan exonerados da constitución das garantías establecidas no artigo 65 do mesmo decreto.

Artigo 22. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

Xunto coa xustificación con data do 28 de febreiro de 2023, o peticionario presentará unha declaración complementaria segundo o anexo IV, relativa ao conxunto das axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 23. Control de execución dos programas

1. A Subdirección Xeral de Gandaría levará a cabo controis de execución do programa sanitario marco nas explotacións das ADSG.

2. Se como consecuencia dos controis se detectasen incumprimentos na execución do programa aprobado en aspectos relevantes para a efectividade deste, aplicaranse deducións sobre as axudas aprobadas ponderando a gravidade e frecuencia dos incumprimentos. As deducións aplicaranse ao total da axuda aprobada ás ADSG.

Para estes efectos considéranse incumprimentos relevantes os seguintes motivos e neste caso practicaranse as deducións que se indican:

a) Por non ter executado en 28 de febreiro de 2023 a mostraxe obrigatoria recollida no programa sanitario marco no 100 % das explotacións da ADSG, reducirase o total da axuda que se percibirá na parte proporcional ás mostraxes non executadas.

No caso de non ter executadas as mostraxes obrigatorias recollidas no programa sanitario marco en máis dun 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao total da axuda que se ía percibir.

b) Pola incorporación dos seguintes animais:

– Bovinos que resultaran por calquera método analítico realizado previo á súa incorporación positivos ás probas serolóxicas de anticorpos fronte a glicoproteína gE do virus da rinotraqueíte infecciosa bovina (en diante, IBRgE), de enzimoinmunoanálise de paratuberculose (en diante, ELISA paratuberculose) (animais menores de 12 meses exentos) ou de antíxeno do virus da diarrea vírica bovina (en diante, BVD antíxeno), deduciranse 200 euros por animal.

– Bovinos xestantes positivos ás probas serolóxicas da diarrea vírica bovina (en diante, BVD anti-p80) nos cales non se realizase a analítica de BVD antíxeno do/da tenreiro/a ao nacer, ou do aborto, se é o caso, para descartar a existencia dun animal persistentemente infectado pola BVD (en diante, PI), a excepción dos procedentes de centros de recría que retornen á explotación de orixe que se certifique que foron vacinados con vacina viva, deduciranse 200 euros por animal.

– Ovinos ou cabrúns que resultasen, por calquera método analítico realizado previo á súa incorporación, positivos á proba da reacción en cadea da polimerasa en feces (en diante, PCR feces) ou á proba ELISA paratuberculose, deduciranse 50 euros por animal.

c) Por non comunicar á persoa titular da explotación ou aos servizos veterinarios oficiais os resultados de animais positivos confirmados a BVD antíxeno ou paratuberculose (PCR en feces) no prazo máximo de 10 días desde a data de comunicación do resultado polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal (en diante, Lasapaga) ou, no caso da comunicación á persoa titular da explotación, non utilizar para facela o modelo de documento establecido na aplicación FICADI_ADSG, ou que a comunicación non estea asinada pola persoa titular e o persoal veterinario, e, se for o caso, tamén polo operador comercial ou transportista nos movementos con destino matadoiro ou cebadeiro, aplicarase unha dedución de 200 euros da axuda que se percibirá por cada animal bovino e 50 euros por cada animal ovino ou cabrún non notificado en prazo.

d) Pola permanencia superior a 30 días naturais nunha explotación dun animal bovino confirmado como PI ou superior a 12 meses dun animal confirmado de paratuberculose desde a data de confirmación sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas. Quedan exceptuados os animais bovinos cun resultado positivo débil a PCR en feces de paratuberculose en explotacións non confirmadas positivas, que serán motivo de seguimento. Deduciranse 200 euros por animal.

e) Por non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente deduciranse 200 euros por explotación.

f) Por utilizar vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas deducirase un importe de 500 euros por explotación, e por non comunicar previamente aos servizos provinciais de gandaría da vacinación con vacinas vivas fronte á BVD deducirase un importe de 100 euros por explotación.

g) Por permitir a saída con destinos diferentes ao matadoiro de:

– Animais bovinos positivos a BVD antíxeno sen proba de confirmación negativa ou confirmados como persistentemente infectados (PI).

– Animais confirmados como positivos á paratuberculose.

Deducirase un importe de 500 euros por animal.

– Animais ovinos ou cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose ou positivos a antíxeno de enfermidade das fronteiras sen confirmar a súa negatividade.

Deducirase un importe de 200 euros por animal.

h) Por non comunicar aos servizos veterinarios oficiais o cesamento da vacinación fronte á paratuberculose naquelas explotacións de gando ovino/cabrún autorizadas previamente a realizala, deducirase un importe de 100 euros por explotación.

i) Por cada explotación na que se detecte que non foi realizada a enquisa de bioseguridade prevista no programa marco, cando proceda, ou ben por non entregar aos titulares das explotacións en documento escrito as recomendacións derivadas da referida enquisa, deducirase un importe de 100 euros por explotación.

j) Por non realizar a actividade de formación ou a reunión informativa previstas no programa coas persoas titulares ou responsables das explotacións integradas nas ADSG, así como a falta de comunicación ao Servizo Provincial de Gandaría correspondente da data da súa realización no prazo de 10 días previos á realización, deduciranse 300 euros.

k) Por non ter cubertas polo persoal veterinario responsable as fichas de actuación en que se reflictan as actuacións realizadas, ou por non estar asinadas e rubricadas polo persoal actuante e mais pola persoa titular ou en representación da explotación, ou ben por non poñelas á disposición dos servizos veterinarios oficiais, deducirase un importe de 100 euros por explotación.

l) Cando os servizos veterinarios oficiais detecten tanto nas inspeccións de campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural o movemento de incorporación ás explotacións de gando bovino ou ovino-cabrún de animais sen realizar os controis previstos ás novas incorporacións no prazo máximo de 20 días naturais para gando bovino ou 30 días naturais para gando ovino ou cabrún contados desde a data da incorporación, sen causas xustificadas, deducirase un importe de 200 euros no caso de explotacións de gando bovino e de 50 euros no caso de explotacións de gando ovino ou cabrún.

ll) No caso de explotacións confirmadas como infectadas ou ben explotacións que teñan unha prevalencia igual ou maior ao 15 % (explotacións en nivel 1), nas cales non se fixese na última mostraxe o sangrado do 100 % dos animais maiores de 24 meses para a determinación de anticorpos en soro, ou ben aquelas explotacións que non manteñan o programa de manexo establecido durante un período mínimo de tres anos, deducirase un importe por explotación de 200 euros.

m) Por non ter feita en prazo por parte dalgunha das explotacións integrantes da ADSG a declaración censual anual obrigatoria establecida pola normativa vixente conforme as obrigas exixidas polo Real decreto 479/2004, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, deducirase un importe de 100 euros por explotación. Non se aplicará este punto para o caso das ADSG de gando bovino.

n) No caso de explotacións avícolas:

Por non ter realizados os correspondentes autocontrois obrigatorios de salmonela, incluídos os controis de eficacia da limpeza e desinfección nos baleiros sanitarios, ou realizalos en laboratorios non autorizados, ou non telos á disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran, deducirase un importe de 500 euros por explotación.

Por non realizar a vacinación fronte salmonela naquelas poboacións en que sexa obrigatoria deducirase un importe de 500 euros por explotación.

Por non ter a documentación acreditativa de orixe das aves, pensos ou auga, deducirase un importe de 100 euros por explotación.

ñ) Por cada explotación porcina en que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á enfermidade de Aujeszky, cando esta sexa preceptiva, ou os controis serolóxicos obrigatorios, deducirase un importe de 500 euros.

o) No caso de detectárense incumprimentos de calquera tipo dos sinalados nos puntos anteriores en máis do 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao 100 % da axuda percibible.

p) No caso de que o Lasapaga informe, ao final do período subvencionable, de que unha ADSG non respectou os criterios de mostraxe ou a pauta de envíos de mostras establecidos no anexo V da presente orde, enviando durante un mes máis do 15 % do total anual de mostras previstas para esa ADSG, deducirase un importe de 300 euros do total da axuda percibible por cada mes en que fose superado este límite. Así mesmo, cando se envíen mostras ao Lasapaga indicando que pertencen a animais de nova incorporación e non o sexan, deduciranse un importe de 100 euros por explotación de procedencia das mostras.

q) Por cada actuación veterinaria realizada nas explotacións do programa sanitario que non conste gravada na aplicación FICADI_ADSG no prazo máximo de 15 días tras a data da súa execución, deducirase un importe de 50 euros da axuda percibible.

No caso de detectarse a non actualización dunha porcentaxe igual ou superior ao 35 % das actuacións realizadas no programa sanitario que se vai executar, perderase o dereito ao 25 % da axuda percibible.

r) Por non ter clasificadas na aplicación FICADI_ADSG na data do 10 de marzo de 2023 as explotacións segundo os niveis e enfermidades recollidas no programa sanitario marco para as ADSG de gando bovino, ovino-cabrún, porcino e visóns, ou ben por non ter actualizadas as clasificacións cando os resultados supoñan unha variación da clasificación previa das explotacións, aplicarase unha dedución de 300 euros da axuda percibible.

s) Pola realización do programa sanitario marco por parte de persoal veterinario non recoñecido na correspondente ADSG, significará a perda do 100 % da axuda aprobada.

Pola realización, por parte de persoal veterinario recoñecido e con dedicación a tempo completo, de actuacións veterinarias non establecidas no programa sanitario da ADSG en explotacións integradas na ADSG ou pola realización de actuacións veterinarias en explotacións que non estean integradas na ADSG, comportará o recálculo da axuda adxudicada inicialmente ao persoal veterinario implicado considerando unha axuda con dedicación a tempo parcial, penalizándose ademais coa diminución do 20 % desta última. No caso de que a agrupación xa tivese tramitado procedementos de perda de axuda pola mesma causa nas dúas últimas convocatorias de axudas anteriores á presente, perderase o dereito ao 100 % da axuda.

Así mesmo, cando o persoal veterinario dunha ADSG non xustifique que realizou como mínimo o número de actuacións sanitarias nas explotacións da ADSG correspondentes ás UGM polas que foi subvencionado e das que sexa responsable, que garantan a súa participación no desenvolvemento do programa sanitario subvencionado, salvo causa xustificada, reducirase de forma proporcional a axuda aprobada inicialmente para a contratación ou remuneración do referido persoal.

t) No caso das ADSG de gando porcino, establécese unha dedución parcial de 500 euros na axuda que lle correspondese percibir por cada unha das explotacións de produción pertencentes a esta que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. Para estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presentasen positividade ao longo do dito período e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación.

u) Por non ter realizado nas explotacións peleteiras de visón o control anual fronte á plasmocitose, sen causa xustificada, deducirase un importe de 200 euros por cada explotación.

v) Se, como resultado dun control nunha explotación, tanto no campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural, sen causa xustificada, se detecta algún incumprimento non recollido neste artigo, será potestade da Subdirección Xeral de Gandaría, valorar a aplicación ou non do dito incumprimento, cunha dedución de ata 200 euros por explotación ou animal segundo corresponda.

Artigo 24. Réxime de incompatibilidades

As axudas recollidas na presente orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que, en ningún caso, se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 25. Financiamento

1. As axudas que deriven da aplicación da presente orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Para o ano 2022: 14.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 949.850 euros.

b) Para o ano 2023: 14.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 1.200.150 euros.

Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009).

2. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no cal se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, así como ao abeiro do establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximos anos 2022 e 2023 no momento da resolución.

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas na presente orde será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos preceptos básicos da normativa estatal.

Disposición adicional segunda

As axudas reguladas pola presente orde rexeranse polas normas comunitarias aplicables e, concretamente, polo Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en la aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Base de datos das explotacións integradas nas ADSG

Nome do campo

Tipo de datos

Tamaño do campo

1. Agrupación

2. NIF agrupación

3. Apelidos

4. Nome

5. NIF

6. Letra NIF

7. Código REGA

8. Lugar

9. Parroquia

10. Concello

11. Provincia

12. Teléfono

13. Enderezo electrónico agrupación

14. Alta/baixa

15. Data

En bovino (censo):

16. Bovinos < 12 meses

17. Bovinos > 12 e < 24 meses

18. Bovinos > 24 meses leite

19. Bovinos > 24 meses carne

En ovino e cabrún (censo):

20. Ovinos reprodutores

21. Ovinos non reprodutores

22. Cabrúns reprodutores

23. Cabrúns non reprodutores

En équidos (censo):

24. Animais > 12 meses

25. Animais < 12 meses

En porcino (capacidade):

26. Reprodutoras

27. Verróns

28. Reposición

29. Recría/transición

30. Leitóns

31. Ceba

En coellos (capacidade):

32. Femias reprodutoras

33. Machos reprodutores

34. Animais reposición

35. Ceba

En aves (capacidade):

36. Poñedoras

37. Reprodutoras

38. Recría

39. Engorda

En visóns (censo):

40. Reprodutores

En abellas (censo):

41. Número colmeas

Texto

Texto

Texto

Texto

Numérico

Texto

Texto

Texto

Texto

Texto

Numérico

Texto

Texto

Data

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

40

10

40

20

Dobre

1

16

30

30

30

Dobre

10

1

10

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Descrición dos campos:

1. Agrupación: nome completo da agrupación.

2. NIF agrupación: NIF da agrupación.

3. Apelidos: apelidos do socio.

4. Nome: nome do socio.

5. DNI: número do DNI do socio.

6. Letra NIF: letra do NIF do socio.

7. Código REGA: código REGA da explotación gandeira.

8. Lugar: lugar onde está situada a explotación.

9. Parroquia: parroquia onde está situada a explotación.

10. Concello: concello onde está situada a explotación.

11. Provincia: A Coruña (15), Lugo (27), Ourense (32) e Pontevedra (36). Provincia onde está situada a explotación.

12. Teléfono: teléfono do titular da explotación.

Datos de censo: número de cabezas de animais (excepto apicultura: número de colmeas).

missing image file

ANEXO V

Programas sanitarios das ADSG

As ADSG deberán executar un programa sanitario marco cun contido mínimo obrigatorio e, se for o caso, poderán desenvolver un programa sanitario complementario voluntario que convirá a ADSG.

No programa sanitario marco común que desenvolverán as ADSG para todas as especies establécense as seguintes obrigas:

1. Obrigas xerais. Todas as explotacións integradas nas ADSG deberán cumprir o programa sanitario marco obrigatorio, así como a normativa vixente en materia de identificación animal e rexistro de explotacións, benestar animal e demais normativa sectorial que lles sexa de aplicación.

O persoal veterinario das ADSG será responsable de levar a cabo todas as actuacións recollidas no punto 2 do artigo 6 do Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia. En especial, o persoal veterinario das ADSG colaborará na rede de epidemiovixilancia de Galicia e ten a obriga de comunicar aqueles acontecementos que poidan motivar sospeita de alerta sanitaria, colaborará, se for preciso, na toma de mostras para as análises oficiais e achegará o seu coñecemento do estado sanitario das explotacións.

As explotacións integradas en ADSG deberán manter toda a documentación relativa ao desenvolvemento do programa sanitario á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

2. Formación sanitaria. O persoal veterinario das ADSG fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas que estes dispoñan dunha formación axeitada. Para estes efectos, as ADSG organizarán polo menos un curso de formación ao ano, dirixido ás persoas titulares das explotacións.

O mencionado curso poderá ser substituído ou, se é o caso, facerse coincidir cunha reunión anual en que se convoquen todas as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG e na cal se expoñan polo miúdo as actuacións desenvolvidas no marco dos programas sanitarios executados e os resultados delas na última anualidade.

A data, o lugar, a hora e o contido do curso ou, se é o caso, da reunión convocada, comunicaranse polo menos con dez días de antelación, por medios telemáticos (modelo PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada), dirixido ao respectivo Servizo Provincial de Gandaría.

Cando se realicen, os cursos de formación deberán incluír no seu programa contidos relacionados polo menos con algún dos seguintes temas:

– Prevención e control das enfermidades incluídas no programa sanitario propio da ADSG.

– Formación en benestar animal.

– Plans de alerta sanitaria veterinaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na Unión Europea ou incluídas no Código zoosanitario internacional da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE).

– Pautas de manexo e medidas de bioseguridade nas explotacións e protocolos de limpeza desinfección, desinsectación e desratización (en diante, LDDD).

– Guía de practicas correctas de hixiene.

– Xestión ambiental e sustentabilidade.

– En ADSG de gando bovino, ovino e cabrún, programas de vixilancia pasiva das encefalopatías esponxiformes transmisibles (en diante, EET) e programas nacionais de erradicación das enfermidades animais (tuberculose e brucelose).

3. Fichas de actuación. Por cada explotación integrada nos programas sanitarios o persoal veterinario responsable da ADSG cubrirá unha ficha en cada actuación, na cal se reflectirán as actuacións realizadas. As fichas elaboradas identificarán a explotación e incluirán os seguintes campos:

– REGA da explotación.

– Data da actuación.

– Nome e apelidos da persoa veterinaria.

– Descrición detallada da actuación e, se é o caso, número de animais sobre os cales se actuou.

As fichas de actuación deberán estar asinadas e rubricadas tanto polo persoal veterinario que as realizou como pola persoa titular ou representante da explotación. Conservaranse na explotación xunto á restante documentación relativa ao programa sanitario da ADSG e deberán estar á disposición dos servizos veterinarios oficiais, para a súa supervisión.

4. Enquisa de bioseguridade. O persoal veterinario das ADSG realizará en todas as explotacións unha enquisa de bioseguridade, en que se recolla información sobre a infraestrutura sanitaria e as prácticas de manexo, de xeito que permita identificar os puntos críticos en bioseguridade que poidan favorecer a entrada ou diseminación de enfermidades. Baseándose nos resultados das enquisas, o persoal veterinario establecerá as oportunas medidas correctoras para emendar as deficiencias detectadas e controlará a súa aplicación por parte dos responsables da explotación. Ao respecto, o persoal veterinario das ADSG entregará ao gandeiro un documento co resultado da enquisa (valorado como favorable ou desfavorable), no cal se indiquen, se é o caso, as medidas correctoras que se recomendan.

Realizarase unha primeira enquisa en todas as explotacións da ADSG, así como en cada nova explotación que se incorpore a esta. Unicamente será necesario repetir a enquisa nunha explotación cando se producisen cambios substanciais nalgún dos aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo...), ou cando se detecte a aparición de enfermidades que permitan facer sospeitar de deficiencias na bioseguridade da explotación.

Así mesmo, na aplicación de programas específicos de supervisión das condicións de bioseguridade poderase exixir a realización da enquisa que corresponda á totalidade das explotacións integradas.

As enquisas realizaranse segundo o modelo establecido na aplicación informática FICADI_ADSG. As enquisas realizadas, xunto a unha copia dos documentos que inclúan medidas correctoras cando proceda indicadas ao gandeiro, estarán á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

Para o desenvolvemento do programa sanitario marco, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias facilitará ao persoal veterinario responsable da agrupación a consulta dos datos dos animais pertencentes a aquelas, así como a información correspondente aos animais incorporados, para os efectos de proceder ao seu control sanitario, sen prexuízo da responsabilidade destes en relación co pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

Gando bovino

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións en todas as explotacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas oficiais de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos), e colaboración, ademais, coa información e sensibilización da persoa titular da explotación respecto dos programas de erradicación vixentes, así como no resto de programas oficiais de loita, control e erradicación das enfermidades animais.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información ás persoas titulares das explotacións integradas, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con elas como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando e outros vehículos nas explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes, vaos sanitarios...).

6. Actuacións en relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Actuacións en relación cos programas específicos de prevención e control das enfermidades do gando bovino que a continuación se citan, encamiñadas a diminuír a prevalencia e incidencia das distintas enfermidades en todas as explotacións da ADSG:

7.1. Control da diarrea vírica bovina (en diante, BVD).

7.1.1. Obxectivo do programa:

O obxectivo do programa será a diminución dos efectos negativos da enfermidade en explotacións con infección activa, a monitorización do estado sanitario dos rabaños e a implementación de medidas de bioseguridade de cara á consecución futura de explotacións certificadas como libres de BVD.

7.1.2. Finalidade das probas diagnósticas:

– Detección das explotacións con circulación vírica.

– Detección de animais persistentemente infectados: considérase animal persistentemente infectado (en diante, PI) aquel que resulte positivo a dúas probas diagnósticas de BVD antíxeno cun intervalo de polo menos 21 días entre elas. Tamén se considerará un animal PI aquel que teña unha soa analítica positiva de BVD antíxeno, a criterio do persoal veterinario da ADSG.

No caso de animais con sospeita de viremia transitoria, por teren resultados positivos a anticorpos e antíxeno na mesma data de mostraxe, permitiranse novas mostraxes sempre e cando os animais permanezan illados ata a realización de novas analíticas que permitan confirmar o diagnóstico. Estas analíticas xustificaranse ante os servizos veterinarios oficiais correspondentes.

– Investigación epidemiolóxica da orixe de novas infeccións.

7.1.3. Pautas de vixilancia e actuacións que se realizarán nas explotacións de leite.

– Como mínimo, deberanse realizar dúas mostraxes anuais en leite de tanque, cun intervalo aproximado de 6 meses, para detección de anticorpos anti-p80.

– Realizarase unha mostraxe anual en soro dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación e con resultado negativo anterior se o tivesen, para determinación de anticorpos anti-p80 segundo a fracción de mostra da táboa A do anexo VII. No caso de non existiren animais deste grupo de idade, tomaranse mostras dunha porcentaxe de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos anti-p80 en mostraxes anteriores, segundo a fracción de mostra da táboa A do anexo VII, dando preferencia aos animais máis novos.

No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciado en cada unha delas.

7.1.3.1. Pautas de actuacións que se realizarán nas explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

a) Os resultados obtidos no leite de tanque indiquen un aumento significativo dos niveis de anticorpos respecto a controis anteriores.

b) No caso de explotacións cunha positividade superior ao 25 % dos animais e na poboación de animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses de idade nados na explotación exista algún resultado positivo, non debido á vacinación.

c) Algunha proba de detección de antíxeno resulta positiva.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños en que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente tras a comprobación da diseminación do virus deberase realizar unha mostraxe dos animais incorporados recentemente á explotación e os animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais PI. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

– Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación do virus (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos BVD anti-p80 nos animais menores de 36 meses ou valores de prevalencia en leite de tanque por encima do 25 %), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa de PCR sobre unha mostra de leite de tanque co fin de descartar, en caso de que sexa negativa, a presenza dun PI no grupo de animais en produción. Igualmente, e por unha soa vez, deberanse tomar mostras do resto dos animais non incluídos na mostra de leite do tanque para a investigación por PCR do virus da BVD. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar previamente o Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

7.1.4. Pautas de vixilancia e actuacións que se realizarán nas explotacións de carne.

Realizarase unha mostraxe anual en soro para determinación de anticorpos dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación segundo o indicado na táboa A do anexo VII (poderán quedar exentos desta mostraxe os animais de ceba sempre que estean illados do resto do rabaño). No caso de non existiren animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos.

7.1.4.1. Pautas de vixilancia e actuacións que se realizarán nas explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

a) Os resultados obtidos no leite de tanque indiquen un aumento significativo dos niveis de anticorpos respecto a controis anteriores.

b) Algunha proba de detección de antíxeno resulta positiva.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños en que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente tras a comprobación da diseminación do virus deberase realizar unha mostraxe de soro dos animais incorporados recentemente á explotación e dos animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores do virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

– Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación vírica (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos nos animais menores de 36 meses), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa que consistirá nunha PCR sobre un pool de soros de todos os animais do rabaño, ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores de virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar previamente o Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

7.1.5. Pautas de vixilancia e actuacións que se realizarán nas explotacións vacinadas con vacinas vivas:

A presenza de anticorpos como consecuencia da vacinación fai necesaria a realización de probas de detección de antíxeno para detectar a circulación vírica nestas explotacións.

– En explotacións de aptitude láctea, deberanse realizar dúas mostraxes en leite de tanque cun intervalo aproximado de 6 meses para a detección por PCR do virus. Igualmente, e de ser posible, deberanse tomar mostras de soro de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo a táboa A do anexo VII) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80. No caso de non existiren animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de PCR de pools de soros de animais procedentes dese grupo de idade dos cales non fosen tomados mostras o ano anterior. No caso dos animais menores de 3 meses, a mostraxe deberá realizarse en mostra de tecido de orella.

– En explotacións de aptitude cárnica deberase realizar unha mostraxe anual dun pool de soros de animais maiores de 3 meses para a detección por PCR do virus. Igualmente, e de ser posible, deberase realizar a mostraxe de soro de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo a táboa A do anexo VII), para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD. No caso de non existiren animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de detección de antíxeno de BVD en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras, que no caso de animais menores de 3 meses de idade será en mostra de tecido de orella.

– As explotacións de carne vacinadas en anos anteriores e con resultados negativos nas probas de PCR realizadas nos pools de mostras de soro nos animais maiores de 3 meses só deberán realizar unha proba anual de PCR en soro nos animais vacinados menores de 12 meses nados na explotación que non fosen obxecto de mostraxe, xa sexa individualmente ou en pool (que será de tecido de orella nos animais de menos de 3 meses). No caso de non vacinar este grupo de animais, deberase tomar mostras de soro a unha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo a fracción de mostraxe da táboa A do anexo VII) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80.

7.1.5.1. Pautas de actuacións que se realizarán nas explotacións con sospeita de circulación vírica vacinadas con vacinas vivas:

– Nas explotacións de aptitude láctea, cando a PCR de leite de tanque resulte positiva, deberanse tomar mostras de soro individualmente para a detección do virus da BVD do 100 % dos animais en lactación para a súa investigación mediante pools de soros ou mostras individuais ata localizar o animal ou animais con excreción vírica. Igualmente, se resultan positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resulta positiva a PCR de calquera dos pools de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberanse investigar estes animais para a detección do virus da BVD.

– Nas explotacións de aptitude cárnica, se resultan positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resulta positiva a PCR de calquera dos pools de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberase investigar para BVD antíxeno de cada un dos pools positivos ata a localización do animal ou animais con excreción vírica.

7.1.6. Pautas de actuacións comúns que se realizarán en todas as explotacións.

– A periodicidade das analíticas poderase incrementar, en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

– En todas as explotacións tanto de leite como de carne, no caso de existiren touros reprodutores, deberán tomarse mostras como mínimo unha vez para determinación de antíxeno de BVD e anualmente para a determinación de anticorpos anti-p80 (no caso de ser seronegativos os anos anteriores).

– Todos os animais negativos a anticorpos anti-p80 se someterán á proba de BVD antíxeno e as analíticas anteriores ou o estudo epidemiolóxico indican a posibilidade de presenza de animais PI.

– En calquera caso, os animais positivos anti-p80 non serán obxecto de mostraxes repetidamente, limitando as novas mostraxes aos animais seronegativos ou aqueles dos cales non se tomaron mostras con anterioridade. En casos excepcionais, e logo de autorización do Lasapaga, poderanse repetir as probas de BVD antíxeno en animais positivos a anti-p80.

– A proba de detección de BVD antíxeno nos animais menores de 3 meses realizarase preferentemente en mostra de tecido de orella ou en soro recollido antes da toma dos primeiros costros, para minimizar a interferencia con anticorpos presentes neles.

– En todo caso, un animal positivo a BVD antíxeno non se poderá trasladar a outra explotación (agás matadoiros) nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, ata que sexa sometido a unha segunda proba de BVD antíxeno con resultado negativo como mínimo cun intervalo de 21 días da primeira.

– Nos casos de confirmación dun abrocho con nacemento de animais PI, non poderá abandonar a explotación ningún animal nado durante o tempo que dure o abrocho con destino diferente a cebadeiro ou matadoiro, sen ter realizada unha proba que confirme que sexa negativo a BVD antíxeno, polo menos durante un ano desde a eliminación do último animal PI.

As explotacións con abrochos, ata pasado un ano da eliminación do último animal PI, non poderán enviar animais a centros de recría nos cales incorporen animais con distintas orixes.

No caso de que o destino dos animais confirmados como PI sexa o matadoiro ou cebadeiro, o traslado será directo a estes establecementos e sempre acompañados da correspondente autorización de traslado (guía).

– O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos PI. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, e rexistrarán a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará por escrito, mediante o modelo establecido na aplicación informática FICADI_ADSG, á persoa titular da explotación, nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do laboratorio, que os animais confirmados como PI deben permanecer illados e non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o seu único destino é o traslado directo a matadoiro. Nese mesmo prazo, informará, así mesmo, a persoa titular/representante da explotación, que deberá establecer un plan para a eliminación inmediata destes animais, e considerarase como un incumprimento a súa permanencia prolongada na explotación (máis de 30 días) sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas.

O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia dun animal PI aos servizos veterinarios oficiais do servizo provincial de gandaría, no mesmo prazo máximo de 10 días, mediante un informe que indique a posible orixe da infección, co fin de determinar as causas que permitan prever no futuro a presenza de novas infeccións.

– Cando se confirme como PI un animal adulto con descendencia, esta deberá ser sometida a unha proba de BVD antíxeno para confirmar ou descartar posibles animais PI.

– A utilización de vacinas vivas nas explotacións de reprodución deberá ser comunicada previamente á Subdirección Xeral de Gandaría; no caso de non levarse a cabo a vacinación unha vez comunicada, deberase poñer en coñecemento a dita circunstancia.

– A realización dunha mostraxe diferente á indicada, tanto nas probas serolóxicas como nas probas de PCR en animais ou en leite de tanque exixirá a autorización do Lasapaga, logo de informe razoado do persoal veterinario da ADSG. O Lasapaga poderá denegar a realización da mostraxe por considerala non axeitada aos fins perseguidos ou por cuestións da loxística de mostras no laboratorio.

– O tamaño dos pools de mostras para a proba de PCR e o calendario de mostraxe para as explotacións en que se realice esta técnica será determinado polo Lasapaga.

7.1.7. Clasificación de explotacións (BVD).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 nos niveis que se indican a seguir:

Nivel 0:

– Explotacións con infección activa ou sospeitosas de manter unha infección activa. Explotación con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou analíticas que indican a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

– Explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positiva (>25 % de prevalencia) ou con tanque negativo e con animais entre 9 e 36 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

– Explotacións de carne: con animais entre 9 e 36 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: aquelas cunha mostraxe de detección de BVD antíxeno en todos os animais da explotación que non fosen obxecto de mostra en anos anteriores (en pools ou individualmente) con resultados negativos ou, no caso de existiren animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 12 meses.

Nivel 2:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positiva (>25 % de prevalencia) ou negativa e con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: aquelas cunha mostraxe de BVD antíxeno en todos os animais da explotación que non foron obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pools ou individualmente) con resultados negativos ou, no caso de existiren animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 24 meses.

Nivel 3:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque < 25 % de prevalencia e con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 36 meses.

– Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 36 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: aquelas cunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pools ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existiren animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos p80 con resultado negativo nos últimos 36 meses.

Nota: fraccións de mostraxe segundo a táboa A do anexo VII.

7.2. Control da rinotraqueíte bovina infecciosa (en diante, IBR).

7.2.1. Obxectivo do programa.

O obxectivo do programa será a diminución da prevalencia da enfermidade mediante a detección e eliminación progresiva de animais seropositivos co fin de acadar a cualificación de explotación indemne ou oficialmente indemne de IBR.

7.2.2. Finalidade das probas diagnósticas.

A detección de animais gE ou gB positivos en soro a anticorpos de IBR tanto en analíticas individuais de soro como en leite de tanque, segundo a clasificación e situación vacinal da explotación:

– Detección de anticorpos totais ou anticorpos fronte á proteína gB (en diante, anti-gB) se a explotación non vacina de IBR dada a súa maior sensibilidade.

– Detección de anticorpos fronte a proteína gE (en diante, anti-gE) no caso de explotacións que utilicen vacina marcada de IBR.

7.2.3. Cualificación de explotacións (IBR).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 nos niveis que se indican a seguir:

A cualificación de explotacións especificada nesta orde manterase á marxe da posible cualificación recollida no Programa nacional da IBR, que é a que figurará na acreditación sanitaria da explotación.

Nivel 0:

– Explotacións sen clasificar fronte IBR ou IBR 0: quedarán clasificadas neste nivel as explotacións non incluídas no programa nacional ou que, estando incluídas no programa da ADSG, aínda non teñan realizado as probas necesarias para podelas clasificar noutros niveis ou naquelas en que non se aplica o programa ou este non se cumpre.

Nivel 1:

– Explotacións no Programa de control IBR 1: explotacións con animais gE+ na mostraxe mínima indicada no punto 7.2.4, incluídos os machos reprodutores.

Nivel 1-:

– Explotacións no Programa de control IBR 1-: explotacións nas cales non se realizou a mostraxe do 100 % dos animais, pero non existen animais gE+ nos últimos 12 meses na mostraxe mínima indicada no punto 7.2.4, incluídos os machos reprodutores.

Nivel 2:

– Explotacións no Programa de control IBR 2: explotacións en que non se realizou a mostraxe do 100 % dos animais, pero non existen animais gE+ nos últimos 24 meses na mostraxe mínima indicada no punto 7.2.4, incluídos os machos reprodutores.

– As explotacións con nivel 2 nas cales se realice a mostraxe do 100 % dos animais e obteñan unha prevalencia igual ou menor do 10 % poderán clasificar as explotacións no nivel 4 do Programa nacional se no intervalo de 12 meses eliminan os animais positivos a anticorpos fronte á glicoproteína gE.

– As explotacións dos niveis 1, 1- e 2 con prevalencias maiores do 10 % que teñan implementado ou inicien un programa vacinal poderán manter esa mesma clasificación no Programa nacional. No caso de non vacinar, as explotacións clasificaríanse como IBR 0 no Programa nacional, ata que diminúan a prevalencia ou ben establezan un programa vacinal.

Nivel 3:

– Explotacións indemnes de IBR con vacinación ou IBR 3: explotacións vacinadas con vacina marcada nos últimos 12 meses e cunha mostraxe negativa ás probas indicadas no punto 7.2.5.

– Estas explotacións poderanse clasificar directamente no nivel 3 do Programa nacional.

Nivel 4:

– Explotacións oficialmente indemnes de IBR sen vacinación ou IBR 4: explotacións sen vacinación nos últimos 24 meses e cunha mostraxe negativa ás analíticas referidas no punto 7.2.6.

– Estas explotacións poderán clasificarse directamente ao nivel 4 do Programa nacional.

Nivel 4+:

– Explotacións oficialmente indemnes libres de virus da IBR ou IBR 4+: explotacións cunha mostraxe negativa a anticorpos totais ou fronte á glicoproteína gB do 100 % dos animais.

7.2.4. Mostraxe para a clasificación de explotacións nos niveis 1, 1- e 2.

Como mostraxe mínima realizaranse:

– Analítica de anticorpos en soro: unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación, segundo a táboa A do anexo VII. No caso de non existiren animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultasen negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos. Incluiranse os touros reprodutores.

– Ademais, en explotacións de leite, analítica anual de anticorpos anti-gE en leite de tanque tomada no período dun ano ao menos en tres ocasións en intervalos de non menos de tres meses.

– No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciado en cada unha delas.

7.2.5. Mostraxe para a clasificación de explotacións en nivel 3:

– Analizaranse todos os animais maiores de 9 meses ao longo dun período non superior aos 12 meses e o resultado deberá ser negativo a anticorpos anti-gE para o 100 % das mostras analizadas.

– Nas explotacións de leite ademais o 100 % das mostraxes do leite do tanque deberán ser negativas a anticorpos anti-gE.

7.2.6. Mostraxe para a clasificación de explotacións en nivel 4:

– Poderase elixir unha das seguintes pautas de mostraxe para a detección de anticorpos anti-gB ou anti-gE, con resultados negativos:

1º. Unha mostra de soro ou leite de todos os animais ao longo dun período non superior a 12 meses.

2º. Dúas mostras de leite ou soro de todos os animais bovinos nun intervalo non menor de 2 meses e non maior de 12 meses de:

– As femias maiores de 12 meses.

– Os machos reprodutores maiores de 12 meses e

– unha mostraxe aleatoria dos machos maiores de 12 meses non destinados á cría, segundo o tamaño da mostra indicado na táboa A do anexo VII.

3º. Só no caso de que ao menos o 30 % das femias da explotación se encontren en lactación:

– Leite de todos os tanques tomado ao menos en 3 ocasiones, no período dun ano en intervalos de non menos de 3 meses, que represente todas as femias en lactación da explotación de forma que cada mostra de tanque represente un máximo de 50 animais non vacinados (con anticorpos anti-gB ou totais),

– soro das femias que non estean en lactación, maiores de 12 meses e dos machos reprodutores maiores de 12 meses e

– soro dos machos non destinados a cría maiores de 12 meses segundo o tamaño da mostra indicado na táboa A do anexo VII.

No caso das explotacións 4+ os anticorpos que hai que detectar en todos os aparellos anteriores serán anti-gB ou anticorpos totais.

7.2.7. Pautas de actuacións comúns que se realizarán en todas as explotacións.

– A periodicidade das analíticas poderase incrementar, en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

– En todas as explotacións tanto de leite como de carne, no caso de existiren touros reprodutores, deberán ser obxectivo de mostraxe como mínimo anualmente para a determinación de anticorpos anti-gB ou ben anti-gE no caso de estar vacinando con vacinas marcadas.

– A analítica da IBR non se realizará nas explotacións vacinadas anteriormente con vacinas convencionais, agás naqueles animais que non estean vacinados.

– En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definíndose as actuacións a realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos: non se poderá realizar unha mostraxe do 100 % dos animais da explotación mentres se obteñan resultados positivos en animais menores de 36 meses ou no leite de tanque.

– As únicas vacinas autorizadas dentro do programa oficial das ADSG de Galicia fronte á IBR en explotacións de reprodución serán vacinas marcadas.

7.2.8. Mantemento da clasificación:

1. Mostraxe.

a) Para explotacións IBR 1, IBR 1- e IBR 2, realizarase a mostraxe mínima anual indicada no punto 7.2.4, segundo o tamaño de mostra indicada na táboa A do anexo VII, que deberá ter resultado negativo, excepto en IBR 1.

b) Para explotacións IBR 3, realizarase unha mostraxe anual representativa para detección de anticorpos anti-gE, en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación, segundo a táboa A do anexo VII. Incluiranse os touros reprodutores.

Ademais, nas explotacións de leite realizáranse anualmente analíticas de anticorpos anti-gE en leite de tanque tomadas ao menos en 3 ocasións en intervalos de non menos de 3 meses entre elas.

Os resultados do 100 % das analíticas deberán ser negativos.

c) Para explotacións IBR 4:

Realizarase algunha das seguintes pautas de mostraxe para a detección de anticorpos totais, anti-gB ou anti-gE con resultados negativos. Poderanse facer pools de ata 100 mostras de leite de animais individuais no caso de que non estean vacinados.

Deberanse obter resultados negativos nas mostras de:

1º. Unha mostra individual, que poderá ser de soro ou leite, tomada anualmente de todos os bovinos maiores de 24 meses.

2º. No caso de que ao menos o 30 % das femias da explotación se encontren en lactación, como mínimo anualmente:

– Leite de todos os tanques tomado en, ao menos, 3 ocasións cun intervalo non menor de 3 meses, que represente a todas as femias en lactación da explotación, de maneira que cada tanque represente un máximo de 100 animais non vacinados e

– soro tomado de todos os machos reprodutores de máis de 24 meses.

3º. Soro ou leite tomados dun número de animais que permita a detección de ao menos unha prevalencia esperada dun 10 % cunha confianza do 95 %, segundo a táboa A do anexo VII, sempre e cando se manteña o estado de oficialmente indemne durante os 3 últimos anos consecutivos e non se manteñan na explotación animais vacinados (explotacións nivel 4+).

d) Nos cebadeiros, no caso de que se subministren de animais exclusivamente de explotacións clasificadas como IBR 1-, IBR 2, IBR 3 ou IBR 4, deberán realizar nun período dun ano, dúas mostraxes nun mínimo do 5 % dos efectivos en cada mostraxe cun intervalo maior de 30 días naturais.

7.2.9. Restricións ao movemento.

a) Para explotacións IBR 1, IBR 1-, IBR 2 e IBR 3:

1. A entrada de animais deberá realizarse con animais procedentes de explotacións con igual ou superior nivel de clasificación.

Non obstante, poderanse autorizar movementos se os animais que se incorporen a explotacións cualificadas como IBR 1, IBR 1-, IBR 2 e IBR 3 obteñen un resultado negativo a unha proba de detección de anticorpos anti-gE nunha analítica realizada nos 15 días naturais previos á expedición na explotación de orixe. De forma excepcional e con autorización previa da autoridade sanitaria de destino, as probas poderanse realizar na explotación de destino e a toma de mostras deberase realizar aos 21 días naturais da entrada dos animais á explotación. Para estes efectos, deberanse manter os animais illados do resto de animais da explotación ata obter os resultados.

En todos os casos, os animais deberán transportarse evitando o contacto con animais de status sanitario inferior. Se as probas se realizan na explotación de orixe e ofrecen resultados favorables, os animais poderán moverse á explotación de destino. Se de forma excepcional e con autorización previa da autoridade sanitaria de destino as probas se levaron a cabo na explotación de destino, unha vez na dita explotación deberá terse en conta o seguinte:

i) Se todos os animais illados resultasen seronegativos poderíanse incorporar co resto dos animais da explotación e volveranse analizar un ano despois da súa entrada na granxa (coincidindo coa mostraxe do plan de control) para aumentar a posibilidade de detectar infeccións latentes.

ii) No caso de obtención de resultados positivos, os animais illados non poderán incorporarse co resto dos animais da explotación.

2. Aqueles animais que saísen dunha explotación coa finalidade de participar nun certame gandeiro atoparanse vacinados previamente ao seu traslado ao certame. No caso de que o destino posterior ao certame sexa unha explotación IBR 3, os animais deberán ser gE- segundo mostras tomadas aos 21 días naturais da entrada á explotación. Deberanse manter os animais illados do resto de animais da explotación, ata obter os resultados.

Naqueles casos en que os animais vaian participar en certames de gando selecto, ademais deberán ser gE- en una proba realizada nos 15 días previos á expedición.

3. Os animais que vaian participar en aproveitamentos de pastos en réxime común, con animais doutras explotacións que teñan unha clasificación inferior, encontraranse vacinados previamente ao seu traslado ao pasto conforme o disposto no artigo 4, e para explotacións clasificadas como IBR 3 deberán ser gE- segundo mostras tomadas aos 21 días naturais do regreso ás súas explotacións. Deberanse manter os animais illados do resto de animais da explotación ata obter os resultados.

4. Os animais que transiten por explotacións de tratantes ou centros de concentración, a excepción dos certames gandeiros aos cales se lles aplicará o punto 2º, deberán ser analizados cun resultado negativo ao entraren na explotación de destino e efectuarase a toma de mostras aos 21 días naturais da entrada dos animais á explotación. Para estes efectos, deberanse manter os animais illados do resto de animais da explotación ata obter os resultados desta mostraxe. Quedarán exentos da realización destas probas os animais que teñan como destino un cebadeiro cuxo destino inmediato sexa sacrificio.

b) Para explotacións IBR 4:

1. Só se introducirán animais procedentes de explotacións IBR 4.

Non obstante o anterior, poderanse autorizar movementos se os animais que se incorporen a explotacións cualificadas como IBR 4 ofrecen un resultado negativo nunha proba de detección de anticorpos anti-gB ou de anticorpos totais, ou no caso de animais que previamente fosen vacinados que ofrezan resultado negativo nunha proba de detección de anticorpos anti-gE, nos 15 días naturais previos á expedición. Deberán ser analizados de novo ao entrar nas explotacións e efectuarase a toma de mostras aos 21 días naturais da entrada dos animais á explotación. Para estes efectos, deberanse manter os animais illados do resto de animais da explotación ata obter os resultados desta segunda mostraxe.

En todos os casos, os animais deberán transportarse evitando o contacto con animais de status sanitario inferior. Unha vez na explotación, deberá terse en conta o seguinte:

i) Se todos os animais illados resultan seronegativos poderanse incorporar co resto dos animais da explotación e volveranse analizar un ano despois da súa entrada na granxa (coincidindo coa mostraxe do plan de control) para aumentar a posibilidade de detectar infeccións latentes.

ii) No caso de obtención de resultados positivos, os animais illados non poderán incorporarse co resto dos animais da explotación.

2. Aqueles animais que saísen dunha explotación coa finalidade de participar en certames gandeiros ou en aproveitamentos de pastos en réxime común con animais doutras explotacións que teñan unha clasificación inferior deberán ser gB-, ou gE- no caso de animais vacinados con vacina marcada previamente á obtención de clasificación de IBR 4, segundo mostras tomadas aos 21 días naturais do retorno dos animais á explotación. Deberanse manter aos animais illados do resto de animais da explotación, ata obter os resultados.

3. Os animais que transiten por explotacións de tratantes ou centros de concentración deberán ser analizados ao entraren na explotación de destino e efectuarase a toma de mostras aos 21 días naturais da entrada dos animais á explotación. Para estes efectos, deberase manter aos animais illados do resto dos animais da explotación ata obter os resultados desta mostraxe.

7.2.10. Suspensión e recuperación da clasificación.

Cando a suspensión derive do incumprimento do programa vacinal obrigatorio, a recuperación da clasificación producirase unha vez acreditada a correcta aplicación do programa vacinal nos efectivos presentes da explotación, que deberá realizarse en todo caso nun período máximo de 6 meses e, no caso das explotacións clasificadas como IBR 3, despois de realizar un control serolóxico con resultado negativo fronte a gE do virus da IBR nun número de animais que garante, cun nivel de confianza do 95 %, detectar a presenza da enfermidade se a súa taxa de prevalencia é como mínimo do 2 %, segundo a táboa B do anexo VII.

Cando nunha explotación IBR 3 ou IBR 4 se detecte a presenza de animais clinicamente enfermos ou seroloxicamente positivos a gE do virus da IBR, procederase á confirmación serolóxica ou virolóxica da enfermidade. Se se confirma esta, quedará suspendida a clasificación da explotación afectada. Recuperarase a dita clasificación unha vez eliminados os animais afectados e cando, pasado un mínimo de 30 días desde a súa eliminación, na explotación se realicen de novo, con resultado negativo, os controis serolóxicos establecidos, referidos á obtención do título, e sempre que se manteña, se é o caso, un plan vacinal aprobado pola autoridade competente, a excepción das explotacións IBR 4 e IBR 4+. Ata a recuperación da clasificación, só se permitirá o movemento de animais con destino directo ao cebadeiro e matadoiro.

No caso dos cebadeiros, reclasificaranse inmediatamente cando introduzan animais procedentes dunha explotación cunha clasificación inferior. Neste caso, tras o correspondente baleiro do cebadeiro e posterior limpeza e desinfección, poderán reclasificarse asignando a clasificación da explotación con menor nivel sanitario da que procedan os animais.

7.3. Control da paratuberculose.

7.3.1. Obxectivos do programa.

– Divulgar o significado da enfermidade.

– Minimizar o risco de infección en explotacións non afectadas pola enfermidade.

– Detectar explotacións infectadas.

– Aplicar pautas de manexo nas explotacións segundo o nivel de risco.

– Minimizar os efectos da enfermidade nas explotacións infectadas.

7.3.2. Definicións.

• Animal bovino confirmado positivo á paratuberculose: aquel en que se dea calquera das seguintes situacións:

– O animal presenta lesións patognomónicas en que se visualiza a presenza de microorganismos ácido-alcol resistentes.

– En feces do animal visualízase a presenza de niños de bacilos ácido-alcol resistentes e presenta síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

– En calquera tipo de mostra procedente do animal obtívose un resultado positivo a PCR.

– Nas explotacións en nivel 0: calquera animal con síntomas clínicos compatibles coa enfermidade ou calquera animal positivo a ELISA ata que a seroprevalencia da explotación baixe do 15 %.

• Animal reaccionante: calquera animal positivo a ELISA anticorpos e con proba negativa a PCR en feces en explotacións sen animais confirmados.

7.3.3. Pautas de mostraxe que se realizará nas explotacións confirmadas como infectadas de paratuberculose.

As explotacións confirmadas como infectadas ou ben naquelas explotacións que teñan unha prevalencia igual ou maior ao 15 % (nivel 1) na última mostraxe, deberán realizar unha mostraxe do 100 % dos animais maiores de 24 meses para determinación de anticorpos en soro.

O sangrado do 100 % realizarase só o primeiro ano, o resto dos anos como norma xeral deberase realizar unha analítica de detección de anticorpos mediante probas ELISA no 40 % dos animais maiores de 24 meses, dando prioridade:

– Aos animais de risco (con diarrea crónica, adelgazamento pronunciado, descenso da produción inxustificada).

– Aos animais adquiridos nos últimos anos.

– Aos animais ELISA positivos e con PCR negativa en anos anteriores.

– A outros animais negativos en anos anteriores ata completar o 40 % dos animais maiores de 24 meses, se esa porcentaxe non se acada cos animais citados anteriormente, darase preferencia aos animais dos cales non se tomaron mostras recentemente.

– Os animais positivos a ELISA deberán ser confirmados sempre por PCR.

– Os animais confirmados positivos por PCR non poderán ser sometidos a novas probas diagnósticas de paratuberculose, salvo causa xustificada.

– Nas explotacións confirmadas como infectadas, logo do sangrado anterior do 100 %, deberase implantar un exhaustivo programa de manexo e eliminación de animais clínicos ou confirmados, establecido polos servizos técnicos veterinarios responsables da ADSG e supervisado polos servizos veterinarios oficiais, que deberá estar asinado tanto polo persoal veterinario da ADSG como pola persoa titular da explotación.

O programa incluirá a información das medidas de bioseguridade e a supervisión da aplicación das medidas de manexo para evitar a contaminación fecal-oral e deberá manterse polo menos durante 3 anos.

Os animais confirmados positivos por PCR sen sintomatoloxía clínica excepcionalmente poderán permanecer na explotación durante un período non superior aos 15 meses desde a data de confirmación da positividade, illados do resto dos animais coas medidas de bioseguridade axeitadas.

Os animais positivos confirmados por PCR con sintomatoloxía clínica deberán ser eliminados da explotación nun prazo máximo de 3 meses desde a data da súa confirmación.

7.3.4. Pautas de mostraxe a realizar nas explotacións non confirmadas como infectadas de paratuberculose ou explotacións de novo ingreso na ADSG.

• Como norma xeral, deberase realizar anualmente unha analítica de detección de anticorpos mediante probas ELISA no 40 % dos animais maiores de 24 meses, dando prioridade:

– Aos animais de risco (con diarrea crónica, adelgazamento, descenso de produción inxustificada).

– Aos animais adquiridos nos últimos anos.

– Aos animais non confirmados positivos por PCR con resultados positivos a ELISA en anos anteriores.

– A outros animais negativos en anos anteriores ata completar o 40 % dos animais maiores de 24 meses, se esa porcentaxe non se acadou cos animais citados anteriormente, dando preferencia aos animais dos cales non se tomaron mostras recentemente.

• Os animais positivos a ELISA deberán ser confirmados por PCR. No caso de animais con valores de ELISA que indiquen unha positividade baixa (neste caso menores de 80), poderá realizarse un novo ELISA aos 60 días despois da primeira analítica e antes de facer a PCR para confirmar o resultado de anticorpos.

No caso de animais ELISA positivos e PCR positiva débil en explotacións non confirmadas de paratuberculose deberase facer un seguimento do animal cunha nova mostraxe en soro e feces como máximo 5 meses despois da primeira mostraxe, no caso de persistir a positividade débil a PCR, o animal considerarase como animal positivo confirmado á paratuberculose.

7.3.5. Outras pautas de actuación.

– Nas explotacións non confirmadas como positivas a paratuberculose estableceranse pautas de manexo axeitadas para minimizar o risco de introdución da infección. Estas pautas serán determinadas polo persoal veterinario da ADSG en función da clasificación da explotación.

– Os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser trasladados a outras explotacións de reprodución ou a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o único destino posible destes é o seu traslado directo a matadoiro acompañados da correspondente autorización de traslado (guía), sen paso intermedio por mercados ou explotacións de operadores comerciais.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da positividade aos servizos veterinarios oficiais, informará a persoa titular da explotación afectada das obrigas sinaladas no punto anterior e establecerá un plan de manexo, tendente a atenuar os efectos da enfermidade na explotación e minimizar o risco de infección doutras explotacións.

– Todo animal ELISA positivo de paratuberculose, antes do seu movemento cara a outras explotacións, deberá ser sometido ás probas de confirmación (PCR). De obter un resultado negativo ás ditas probas, antes do movemento deberá realizar unha nova analítica a anticorpos de ELISA con resultado negativo.

– Os animais positivos a ELISA e negativos a PCR de paratuberculose poderán circular previamente ao seu traslado a matadoiro ou cebadeiro por unha feira, sempre que non pase máis dun ano da emisión do resultado negativo de PCR.

– O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados como positivos a paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes e rexistrarán a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará por escrito mediante modelo de documento establecido na aplicación informática FICADI_ADSG á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do Lasapaga que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o seu o único destino é o traslado directo ao matadoiro. O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia destes animais aos servizos veterinarios oficiais.

– Así mesmo, a persoa titular da explotación requirirá ao operador comercial ou transportista a sinatura no dito documento, conforme coñece o destino final dos animais implicados.

– En explotacións infectadas de paratuberculose onde convivan outros ruminantes deberase investigar igualmente a presenza de anticorpos da enfermidade en todas as especies susceptibles.

7.3.6. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 nos niveis que se indican a seguir:

Nivel 0: explotación con, ao menos, un animal confirmado de paratuberculose nos últimos 24 meses. Ou ben explotacións de nova incorporación das cales non se dispoña de información epidemiolóxica.

Nivel 1: explotación cunha seroprevalencia igual ou maior do 15 % a ELISA e probas de confirmación (PCR) negativas.

Nivel 2: explotación cunha seroprevalencia menor do 15 % de animais positivos a ELISA e con probas de confirmación negativas.

Nivel 3: explotación cun mínimo dun ano de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 4: explotación cun mínimo de dous anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 5: explotación cun mínimo de tres anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 6: explotación cun mínimo de catro anos de mostraxe negativa a ELISA.

7.4. Control da neosporose bovina.

7.4.1. Obxectivo do programa:

O obxectivo do programa será a diminución dos efectos negativos da enfermidade nas explotacións mediante a detección de animais positivos a neosporose.

7.4.2. Finalidade das probas diagnósticas:

Detección de animais positivos a anticorpos, como responsables da transmisión vertical da enfermidade co fin de non destinalos á reprodución.

7.4.3. Pautas de mostraxe que se realizará:

– En explotacións con información epidemiolóxica: analíticas de anticorpos en soro, unha mostraxe anual dos animais abortados e, opcionalmente, dos animais da recría no caso de sospeita de transmisión horizontal.

– En explotacións sen información epidemiolóxica: mostraxe para detección de anticorpos dos animais con antecedentes de aborto, os seus ascendentes e descendentes.

7.5. Control de incorporacións.

Os animais deberán ser obxectivo de mostraxes na explotación de orixe e no prazo máximo de 20 días previos ao movemento co fin de evitar a introdución de animais positivos e a aparición de abrochos na explotación de destino. De non ser posible, serán tomadas mostras deles na explotación de destino onde deberán permanecer en corentena, illados do resto do rabaño ata, polo menos, coñecer os resultados das probas analíticas.

No caso do IBR seguiranse as pautas reflectidas no programa sanitario en función da clasificación da explotación de destino.

Respecto ao control da paratuberculose, quedarán exentos da mostraxe os animais menores de 12 meses, e será a criterio do persoal veterinario da ADSG o poder solicitalo.

As analíticas realizadas como novas incorporacións non se terán en conta na mostraxe anual obrigatoria da explotación.

As persoas titulares das explotacións comunicarán ao persoal veterinario responsable da ADSG con antelación, todas as entradas de novos animais na súa explotación.

No caso de realizar a mostraxe na explotación de destino, durante a corentena os animais estarán illados do resto do rabaño polo menos ata coñecer os resultados das probas analíticas.

7.5.1. Comunicación de incorporacións:

– Considéranse animais de nova incorporación, aqueles cuxa procedencia sexa allea e se pretendan incorporar á propia explotación, así como os animais que retornen á explotación de orixe procedentes doutras explotacións (pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.).

Non terán a dita consideración os animais recencemente nados na explotación, nin os mesmos animais da explotación destinados á venda.

– As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do persoal veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico fronte á BVD anti-p80, BVD antíxeno e anticorpos de IBR gE, de paratuberculose e de neosporose de todos os animais de nova incorporación.

– En animais menores de tres meses a proba da BVD antíxenos realizarase preferentemente en mostra de tecido de orella.

– O control serolóxico en soro non será necesario que se realice en animais incorporados menores de 5 meses e destinados a ceba e neste caso será necesario realizar unicamente o control de BVD antíxeno en mostra de tecido de orella. No caso de que estes animais finalmente se incorporen ao grupo de reprodución da explotación, será necesario realizar neles un control serolóxico de BVD anti-p80, BVD antíxeno, anticorpos de IBR gE e de neospora unha vez superados os 6 meses de idade.

– Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a ELISA ou PCR de paratuberculose, a IBR gE ou a BVD antíxeno.

– Se as analíticas realizadas revelan positividade nos animais en corentena, poderanse devolver á explotación de orixe nun prazo máximo de 30 días, coa autorización dos servizos veterinarios oficiais, que controlarán o seu posterior destino, coa excepción dos animais positivos a BVD antíxeno, que non poderán ser devoltos ata que sexan sometidos a unha segunda proba a BVD antíxeno con resultado negativo.

– Se durante a corentena algún dos animais resulta positivo a BVD antíxeno, a explotación considerarase infectada ata a realización das probas que descarten o contaxio da infección.

– No caso de animais ELISA positivos a paratuberculose que se devolvan a orixe, non se permitirá a súa nova venda cara a explotacións de reprodución ata que a enfermidade sexa descartada mediante as probas correspondentes.

– Non serán necesarios estes controis cando os animais procedan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG de orixe que deberá reflectir os controis a que foron sometidos os animais implicados, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

– No caso de que se incorporen á explotación animais xestantes positivos a BVD anti-p80, estes deberán parir en corentena, illados do resto de animais da explotación e deberá realizarse a analítica de BVD antíxeno do tenreiro ao nacer, ou do aborto, se é o caso, para descartar a existencia dun animal PI. Poden quedar exentas desta mostraxe as femias procedentes dun centro de recría cando se incorporen á explotación de orixe sempre e cando se certifique que foron vacinadas con vacina viva.

7.5.2. Comunicación de retornos.

– As persoas titulares de explotacións comunicarán ao persoal veterinario da ADSG o retorno de animais da súa explotación cando tivesen contacto con outros animais doutras explotacións (pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.).

– No caso de animais retornados coas orixes mencionadas no primeiro parágrafo, e coa finalidade de coñecer a situación sanitaria destes, realizaranse controis serolóxicos de BVD anti-p80 e IBR gE.

7.6. Centros de recría integrados en ADSG.

Os centros de recría integrados nunha ADSG deberán incorporar animais procedentes de explotacións integradas en ADSG ou de explotacións onde desenvolvan un programa sanitario similar ao programa marco recollido na presente orde de axudas ás ADSG, o que será acreditado documentalmente polo persoal veterinario da explotación de orixe.

No caso de que incorporen animais importados de explotacións doutros de países da UE onde non se poida garantir que estean a desenvolver programas sanitarios similares ao programa sanitario marco recollido no anexo V da presente orde, os animais deberán vir acompañados da documentación correspondente que garantan que as ditas explotacións de orixe están a realizar outros programas sanitarios que indiquen a ausencia de circulación vírica respecto ás enfermidades da IBR e da BVD, e que garantan a máxima clasificación posible respecto á paratuberculose nesas explotacións.

Todos os animais con destino aos centros de recría integrados en ADSG, previamente deberán ser obxecto de mostraxe sempre na explotación de orixe e deberán cumprir os seguintes requisitos sanitarios para podelos incorporar:

– Ser negativos a BVD antíxeno en mostra de tecido de orella.

– As nais deberán ser negativas a anticorpos de ELISA paratuberculose e IBR gE.

Non se poderán enviar tenreiras aos centros de recría procedentes de explotacións con niveis 0 de BVD.

En calquera caso, os animais incorporados ao centro de recría non deberán ter contacto coas xovencas preñadas ata a realización dunha nova analítica aos catro meses de idade para a detección de BVD antíxeno en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras.

Nos últimos 30 días e previamente á saída dos animais dos centros de recría cara ás explotacións de orixe, deberáselles facer unha nova analítica das enfermidades obxecto deste programa.

7.7. Cebadeiros.

Os cebadeiros integrados nunha ADSG deberán cumprir as obrigas básicas establecidas nesta orde referentes a:

– Identificación animal e rexistro de explotacións.

– Benestar animal.

– Formación sanitaria das persoas titulares das explotacións.

– Fichas de actuacións.

– Enquisa de bisoseguridade.

O programa sanitario deberá incluír como mínimo:

– Programa de LDDD.

– Programa de desparasitación.

– Programa vacinal adecuado á explotación.

– Unha mostraxe anual mínima do 5 % dos animais maiores de 5 meses do censo medio da explotación ao longo do ano para a determinación de anticorpos fronte á glicoproteína gE do virus da rinotraqueíte bovina infecciosa.

Gando ovino e cabrún

O persoal veterinario das ADSG de gando ovino e cabrún levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar:

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información ás persoas titulares das explotacións, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades ás enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control de limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos:

– O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando ovino e cabrún que a continuación se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencia das distintas enfermidades e, ademais, á súa diminución.

7.1. Control da paratuberculose.

7.1.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, e as actuacións que se realizarán en cada un deles definiranse en función dos resultados obtidos.

7.1.2. Pautas xerais de actuación:

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade realizarase unha mostraxe dun número de animais de acordo cun tamaño de mostra que asegure a detección dunha prevalencia do 5 % cunha fiabilidade do 95 %, segundo a táboa seguinte:

Censo da explotación

Número de animais para mostraxe

1-30

todos

31-40

31

41-50

35

51-70

40

71-100

45

101-200

51

201-300

54

Máis de 300

57

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións que se realizarán segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ás probas iniciais realizarase ao ano seguinte un control serolóxico anual mediante mostraxe aleatoria segundo os criterios 95/5 anteriores.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade inferior ao 15 % realizarase unha proba de confirmación en feces por PCR de todos os animais positivos a anticorpos. Igualmente, someteranse a unha estreita vixilancia clínica do efectivo para observar a evolución da enfermidade e, de ser o caso, detectar animais con sintomatoloxía clínica. Os rabaños con resultado negativo a proba da PCR en feces someteranse ao ano seguinte á mostraxe aleatoria anual (95/5) co fin de comprobar a evolución da enfermidade.

Nestas explotacións, os animais ELISA positivos con resultado negativo á proba de PCR en feces, no caso de que queiran abandonar a explotación con destino a vida, deberán realizar unha nova analítica de ELISA separada como mínimo 60 días da primeira con resultado negativo.

– Nos rabaños cunha prevalencia superior ao 15 % e/ou con algún animal positivo á proba de PCR en feces, co obxecto de identificar o maior número posible de animais positivos, procederase ao ano seguinte á revisión mediante ELISA da totalidade dos animais da explotación.

A revisión da totalidade do rabaño poderase adiantar ao mesmo ano, segundo criterio do persoal veterinario da ADSG, nas explotacións que así o considere para recuperar a cualificación sanitaria da explotación.

A todos os animais ELISA positivos se lles realizará unha proba de confirmación en feces por PCR, a excepción de:

Explotacións con prevalencia superior ao 15 %, en que non exista historial previo de confirmación, ou ben a criterio do veterinario da ADSG se o considera necesario, tomaranse mostras para PCR en feces dos animais positivos a ELISA anticorpo, cun máximo de 10 animais analizados.

En explotacións con prevalencia superior ao 15 %, en que exista un historial previo de confirmación da enfermidade, automaticamente se considerarán confirmados os animais ELISA positivos a anticorpos e, polo tanto, non será preciso realizarlles a proba da PCR. Poren, se o persoal veterinario o considera preciso, e dependendo sempre do protocolo de manexo que se estea aplicar na explotación, poderíase facer a PCR a un máximo de 10 animais positivos a ELISA anticorpos.

En explotacións cunha prevalencia inferior ao 15 % e nas cales as persoas titulares das explotacións procedesen ao sacrificio inmediato de todos os animais positivos a ELISA anticorpos, estes consideraranse automaticamente animais confirmados sen ter que realizar a PCR.

Considérase animal ovino/cabrún positivo confirmado á paratuberculose aquel en que se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Que o animal presente lesións patognomónicas nas cales se visualice a presenza de microorganismos ácido-alcol resistentes nas probas de histopatoloxía da válvula íleo-cecal.

– Todo animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces e/ou ELISA positivo procedente dun rabaño cunha prevalencia superior ao 15 %.Todo animal con dúas probas ELISA positivas separadas como mínimo 60 días en rabaños con prevalencia inferior ao 15 %.

– En rabaños xa confirmados como positivos, calquera animal que presente síntomas compatibles coa enfermidade segundo diagnóstico clínico veterinario.

Considérase animal ovino/cabrún sospeitoso:

Aquel animal positivo a ELISA anticorpos e con resultado negativo á proba da PCR en feces, en explotacións sen animais confirmados.

As explotacións con algún animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces non poderán en ningún caso destinar animais a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, e o único destino posible destes é o seu traslado directo a un cebadeiro, a un operador comercial ou ben a un establecemento autorizado sen cualificación sanitaria en que a permanencia máxima sexan 30 días, sempre que o destino final destes animais sexa o matadoiro.

Naquelas explotacións cunha prevalencia a ELISA anticorpos superior ao 15 %, e probas de confirmación de PCR en feces negativas, só poderán mover animais ELISA negativos con destino a outras explotacións de produción-reprodución tras a realización dunha proba de ELISA anticorpos con resultado negativo antes do seu movemento.

O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados a paratuberculose. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

O persoal veterinario da ADSG comunicará aos servizos veterinarios oficiais a relación de animais confirmados como positivos e as medidas que hai que realizar e informará a persoa titular da explotación, nun prazo non superior a 10 días desde a comunicación do Lasapaga, de que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución ou a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o único destino posible é o traslado directo ao matadoiro ou a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro.

O persoal veterinario da ADSG establecerá nas explotacións afectadas un plan específico de control e erradicación da enfermidade, baseado na aplicación de medidas hixiénico-sanitarias e de manexo, eliminación de animais positivos e control e corentena dos animais incorporados, ou ben un programa de vacinación.

7.1.3. Vacinación.

As persoas titulares das explotacións ovinas ou cabrúas en que se confirmase a presenza de paratuberculose nunha prevalencia superior ao 15 %, co informe favorable do persoal veterinario da ADSG, poderán solicitar á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias autorización expresa para a utilización de vacina fronte á enfermidade.

Non se autorizará en ningún caso a vacinación fronte á paratuberculose de rabaños de gando cabrún que convivan ou teñan relación epidemiolóxica con gando bovino, nin tampouco de rabaños cabrúns que comercialicen leite, xa que estes deben ser sometidos ao programa de erradicación da tuberculose e poderían existir interferencias diagnósticas. Porén, excepcionalmente poderase autorizar a aplicación dun programa vacinal extraordinario fronte á paratuberculose no caso de rabaños de gando cabrún con confirmación da enfermidade sempre que se cumpran as seguintes condicións:

– O rabaño deberá ter presentado resultados negativos a tuberculose en todos os animais antes do inicio do programa de vacinación.

– Os animais que se incorporen ao rabaño procederán doutros rabaños negativos a tuberculose, ou serán sometidos a probas de diagnóstico de tuberculose nos 30 días anteriores á súa incorporación, con resultados negativos.

– Os animais que resulten positivos ás probas anuais de diagnóstico da tuberculose ou, se é o caso, un número significativo deles, serán sacrificados para realizar o estudo microbiolóxico da enfermidade, co obxecto de determinar ou descartar a súa presenza no rabaño. No caso de confirmarse a existencia de tuberculose, serán sacrificados de xeito inmediato todos os animais reaccionantes que non fosen eliminados anteriormente.

– Despois do comezo do programa vacinal, a vacinación anual da recría realizarase tras a execución no rabaño das probas sanitarias anuais de tuberculose.

– No caso de ser concedida a oportuna autorización, a vacinación realizarase coa supervisión de persoal veterinario oficial e permitirase a saída de animais aos seguintes destinos:

• ao matadoiro,

• a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro,

• a un operador comercial co destino final ao matadoiro,

• a establecementos de concentración autorizados sen cualificación sanitaria en que a permanencia máxima sexan 30 días con destino ao matadoiro,

• a outras explotacións cun programa vacinal implantado fronte á paratuberculose aprobado, nas cales os rabaños cumpran idénticas condicións ás establecidas.

– As persoas titulares das explotacións comprometeranse a manter a vacinación da recría durante polo menos tres anos consecutivos tras a primeira vacinación e ata que os resultados das probas de PCR realizadas sobre feces sexan resultados negativos. Permitirase a venda de animais vacinados despois dun período de tres anos desde a implantación da vacinación e sempre que antes do movemento obteñan un resultado negativo a ELISA anticorpos.

– As explotacións vacinadas poderán facer anualmente probas de PCR en feces sobre unha porcentaxe de animais co fin de determinar a existencia ou non de excreción bacteriana que permita avaliar a eficacia do programa vacinal.

– Nos rabaños que cesen a vacinación haberá que seguir cun protocolo de control da paratuberculose que consistirá na realización dunha toma de mostras de soro para análise de ELISA anticorpos na totalidade de animais presentes na explotación de máis de doce meses que non estean vacinados, segundo a táboa utilizada para mostraxe aleatoria anual (95/5), durante polo menos 3 anos. Logo deste período establecerase o protocolo de toma de mostras para explotacións non vacinadas.

7.1.4. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 nos niveis que se indican a seguir:

Explotación vacinada: explotación que empregou a vacinación para o control da enfermidade.

Nivel 0: explotación con animais confirmados de paratuberculose ou cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA igual ou superior ao 15 %.

Ou ben explotacións de nova incorporación á ADSG das cales non se teña información epidemiolóxica.

Nivel 1: explotación sen animais confirmados e cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA menor do 15 %.

Nivel 2: explotación con 1 ano de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 3: explotación con 2 anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 4: explotación con 3 ou máis anos de mostraxe negativa a ELISA.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da clasificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

7.2 Control da enfermidade da fronteira (en diante, BD).

7.2.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, e as actuacións que se realizarán en cada un deles defínense en función dos resultados obtidos.

7.2.2. Pautas xerais de actuación.

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade realizarase unha mostraxe de 10 animais dos máis novos a partir dos animais obxecto de mostraxe de paratuberculose.

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ou cunha prevalencia inferior ao 30 % a ELISA de anticorpos de BD repetirase a analítica ao ano seguinte.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade superior ao 30 % (catro ou máis animais positivos do control inicial) realizarase ELISA de anticorpos de BD sobre a totalidade dos animais remitidos para a proba de ELISA de paratuberculose.

– En caso de manterse unha positividade superior ao 30 % deberase realizar unha mostraxe da totalidade do rabaño. Esta proba realizarase sobre pools de mostras de soro mediante a técnica de PCR para descartar a presenza de animais persistentemente infectados (PI).

Nas explotacións con animais confirmados como PI a BD, todos os animais nados nos 10 meses seguintes desde a eliminación do último PI serán analizados para detección de antíxeno de BD, xa sexa en pools para PCR ou individualmente para ELISA antíxeno.

En calquera caso, os animais seropositivos á proba de detección de anticorpos anti-p80 de BD non serán obxecto de mostraxes repetidamente, limitando aos animais seronegativos ou animais que non foron obxecto de mostraxe con anterioridade. En casos excepcionais, e logo de autorización do Lasapaga, poderanse repetir as probas de antíxeno en animais positivos a anticorpos anti-p80.

En todo caso, un animal positivo a BD antíxeno non se poderá trasladar a outra explotación (agás matadoiros) nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, ata que sexa sometido a unha segunda proba de BD antíxeno con resultado negativo como mínimo cun intervalo de 21 días da primeira.

Nos casos de confirmación dun abrocho con nacemento de animais PI, non poderá abandonar a explotación ningún animal nado durante o tempo que dure o abrocho con destino diferente a cebadeiro ou matadoiro, sen ter realizado unha proba que confirme que sexa negativo a BD antíxeno, polo menos durante seis meses desde a eliminación do último animal PI.

No caso de que o destino sexa o matadoiro ou cebadeiro, o traslado dos animais será directo.

O persoal veterinario da ADSG comunicará por escrito, mediante o modelo establecido na aplicación informática FICADI_ADSG, á persoa titular da explotación, nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do Lasapaga, que os animais confirmados como positivos a BD antíxeno deben permanecer illados e non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, e o seu único destino é o traslado directo ao matadoiro. Nese mesmo prazo informará, así mesmo, de que deberá establecer un plan para a eliminación inmediata destes animais.

O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico dos animais confirmados positivos a BD antíxeno aos servizos veterinarios oficiais do Servizo Provincial de Gandaría, no mesmo prazo máximo de 10 días, mediante un informe que indique a posible orixe da infección, co fin de determinar as causas que permitan prever no futuro a presenza de novas infeccións.

Cando se confirme como positivo a BD antíxeno un animal adulto con descendencia, esta deberá ser sometida a unha proba de BD antíxeno para confirmar ou descartar posibles animais positivos.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 nos niveis que se indican a seguir:

Nivel 0:

Explotacións con infección activa ou sospeitosa de manter unha infección activa. Con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou ben con analíticas que indiquen a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

Ou ben explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1:

Explotacións con animais entre 9 e 24 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

Nivel 2:

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 durante os últimos 12 meses.

Nivel 3:

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 desde hai 2 ou máis anos.

7.3. Control de incorporacións:

Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a anticorpos (ELISA), PCR ou cultivo de paratuberculose, e antíxeno (ELISA) ou PCR de BD.

Cando os animais procedan de explotacións pertencentes a algunha ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados dunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG de orixe na cal se faga constar o nivel da explotación de orixe, no caso da paratuberculose deberá ser igual ou superior a nivel 3 e para o BD deberá ser igual ou superior a nivel 2, nestes casos os animais estarían exentos de volver ser obxecto de mostraxe.

No caso de que o nivel da explotación de orixe sexa inferior ao indicado no parágrafo anterior, os animais implicados no movemento deberán ter as probas realizadas nos tres meses anteriores ao traslado dos animais.

7.3.1. Comunicación de incorporacións:

– As persoas titulares das explotacións comunicarán con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao persoal veterinario responsable da ADSG.

Gando porcino

O persoal veterinario das ADSG de gando porcino levará a cabo as seguintes actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal:

a) Actuacións en relación cos programas de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións, en que se fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto dos programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

b) Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

c) En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando porcino que a continuación se citan, encamiñados a diminuír a prevalencia e incidencia das distintas enfermidades:

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Control da enfermidade de Aujeszky, seguindo as pautas establecidas na normativa legal vixente ao respecto e, concretamente, na aplicación da vacina fronte á dita enfermidade.

O persoal veterinario das ADSG tomará todas as medidas necesarias para conseguir no prazo máis breve posible a cualificación sanitaria fronte á enfermidade de Aujeszky da totalidade das granxas integradas.

Así mesmo, no caso de detectarse a presenza da enfermidade de Aujeszky nunha granxa, o persoal veterinario da ADSG presentará un plan de erradicación da enfermidade. O persoal veterinario será responsable da súa supervisión e correcta execución.

2. Controis serolóxicos nos reprodutores e na ceba, segundo corresponda, coa periodicidade e porcentaxe establecidas na normativa vixente ao respecto da peste porcina clásica (en diante, PPC), peste porcina africana (en diante, PPA), e enfermidade de Aujeszky.

3. Control da síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (en diante, PRRS).

3.1. Poboación incluída no programa.

No programa estarán incluídas a totalidade das explotacións integradas nas ADSG, aínda que inicialmente os controis analíticos se realizarán só nas explotacións de produción con femias reprodutoras.

Poderanse incluír nos controis analíticos aquelas explotacións de tipo cebadeiro de acordo coa situación epidemiolóxica en determinadas áreas de alta densidade porcina.

3.2. Obxectivo do programa.

O programa ten por obxectivo o coñecemento da situación sanitaria de cada explotación con reprodutoras e o establecemento de medidas de control da enfermidade de acordo coa situación sanitaria inicial de cada unha desas explotacións.

3.3. Metodoloxía do programa.

3.3.1. Realización en todas as explotacións da ADSG dunha enquisa de bioseguridade específica en relación co PRRS no momento do inicio do programa de control.

3.3.2. Probas diagnósticas: realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións con reprodutoras, clasificando os rabaños en positivos ou negativos e definindo as actuacións a realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

Pautas xerais de mostraxe:

• Toma de mostras en explotacións con reprodutoras, co fin de determinar a situación de excreción e de exposición viral na explotación. Realizarase:

– Leitóns en lactación (2-3 semanas de vida): tomaranse 32 mostras de soro para a determinación do virus mediante a técnica PCR en pools segundo proceda.

– Leitóns en transición: tomaranse 8 mostras de soro de animais de principio e final desta fase, para a determinación do virus mediante a técnica PCR e anticorpos mediante a técnica ELISA.

Unha vez determinada a situación de excreción e exposición na explotación, realizaranse novas tomas de mostras de seguimento da situación nesas poboacións segundo o que determine o persoal veterinario da ADSG, e considérase recomendable una frecuencia de mostraxe cuadrimestral.

• Toma de mostras de control de novas incorporacións: as reprodutoras de reposición externa deberán, antes da súa incorporación á explotación, realizar analíticas de PCR, individuais ou en pools segundo proceda, e de ELISA anticorpos con resultados negativos.

3.4. Estudos dos factores de risco de entrada e mantemento da infección.

3.5. Establecemento de medidas de control de acordo coa situación de partida de cada explotación e no conxunto das granxas integradas.

3.5.1. Mellora da bioseguridade:

– Externa: na entrada de animais de reposición e de seme, entrada de vehículos, persoal, etc. Coñecemento da situación sanitaria de explotacións próximas.

– Interna: establecemento de protocolos de LDDD, utilización de vestiario e material específico de cada zona da explotación e control do acceso ás diferentes zonas.

3.5.2. Adopción de boas prácticas de manexo preventivo de control de PRSS en leitóns en lactación.

3.6. Clasificación das explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2023 nos grupos que se indican a seguir:

– Explotación positiva inestable: explotación con PCR positivas (excreción positiva) e ELISA anticorpos positivos (exposición positiva).

– Explotación positiva estable: explotación con PCR dubidosas ou negativas (excreción negativa) e ELISA anticorpos positivos (exposición positiva).

– Explotación negativa: PCR negativa e ELISA anticorpos negativos (excreción e exposición negativas).

3.7. Mantemento de medidas de seguimento unha vez conseguidos os obxectivos perseguidos.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

5. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Avicultura

O persoal veterinario das ADSG de aves levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan nos plans sanitarios de control, seguimento e loita (segundo corresponda) establecidos na normativa vixente e especificamente nos programas oficiais de salmonelose e influenza aviaria.

Dentro do programa sanitario de control de salmonela, especificamente o control e supervisión da realización dos autocontrois establecidos na normativa vixente e a existencia nas explotacións da documentación acreditativa referente a resultados de laboratorio, subministración de aves, alimentos e auga de uso na explotación.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos: plumas, ovos, etc.

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación aos avicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou nos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de aves ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións colectivas que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Programa de control de calidade microbiolóxica que permita avaliar o estado sanitario nas incubadoras.

Cunicultura

O persoal veterinario das ADSG de coellos levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

Especificamente, o programa sanitario comprenderá as actuacións de:

1. Colaboración no cumprimento do establecido no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas.

a) Especificamente, levaranse a cabo programas de vixilancia e control específicos dos seguintes procesos infectocontaxiosos:

– Programa de vixilancia e control fronte á mixomatose.

– Programa de vixilancia e control fronte á enfermidade hemorráxica vírica, incluída a nova variante.

– Control de enfermidades micóticas.

– Control das parasitoses externas e internas.

b) Control e asesoramento sanitario nas condicións de bioseguridade estrutural e funcional das explotacións, cun código de boas prácticas de hixiene, con indicación das medidas de bioseguridade que se prevexa adoptar, incluíndo entre outros:

– Un programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

– A formación das persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

Un programa de eliminación hixiénica de cadáveres e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

c) O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas nas ADSG a formación básica en materia de bioseguridade e benestar animal adecuados para os operarios.

d) Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando nas explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

Gando equino

O persoal veterinario das ADSG de gando equino levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración co programa de vixilancia das enfermidades recollidas no artigo 8 do Real decreto 804/2011, de 10 de xuño, polo que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o Plan sanitario equino.

2. Colaboración no control da arterite viral equina e a metrite contaxiosa equina nos animais reprodutores con servizo a terceiros.

3. Colaboración nos programas de vixilancia e control da febre do Nilo occidental.

4. Programa de coñecementos básicos en materia de bioseguridade e benestar animal, adecuados para as persoas ao coidado dos animais.

5. Así mesmo, as paradas de sementais ou outras explotacións en que se leve a cabo a reprodución animal con destino aos animais doutras explotacións comprenderán tamén formación básica na devandita materia.

6. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

7. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

8. Actuacións en relación cos programas de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto dos programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

9. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

10. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Apicultura

O persoal veterinario das ADSG apícolas controlará e fomentará entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de sanidade animal, e noutros aspectos con repercusión na explotación apícola, especificamente:

1. Programa de vixilancia fronte á loque americana.

2. Programa de vixilancia fronte á loque europea.

3. Programa de control e loita fronte á varroose.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de colmeas.

5. Programa de desinfección e desratización nos apiarios. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

– A formación aos apicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Vixilancia e control da avespa velutina.

Visóns

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Programa de loita e control fronte á enfermidade aleutiana do visón ou plasmocitose.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2023 segundo a clasificación establecida no programa sanitario propio da ADSG.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal, especificamente farase fincapé no cumprimento dos aspectos de protección animal durante o sacrificio na explotación.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos de orixe animal no destinados ao consumo humano (en diante, sandach) (materia prima de alimentación, etc.).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación das persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións colectivas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leve a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodaluvios, mochilas desinfectantes...).

Outras especies

1. Deberá cumprirse coas actuacións que correspondan á ADSG en relación cos programas de erradicación de enfermidades e realizar os programas de prevención e control que correspondan fronte ás enfermidades de maior transcendencia económica ou sanitaria na especie de que se trate.

2. O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

Laboratorio de análises

As mostras obtidas na execución dos programas sanitarios obrigatorios remitiranse para a súa análise ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga), ou a outros laboratorios que acrediten ter implantado un sistema de control de calidade, ata o 28 de febreiro de 2023, e teranse en conta para valorar o cumprimento do programa sanitario os informes laboratoriais emitidos na semana seguinte á data de finalización do dito programa sanitario. Neste caso, os kits de diagnóstico para estas enfermidades terán que ter igual ou superior sensibilidade e especificidade que os utilizados no Lasapaga.

O envío de mostras ao Lasapaga realizarase de xeito gradual e proporcionado durante todo o ano, en función do cronograma de actuacións elaborado e das instrucións que indique o propio laboratorio, e non será posible superar no número de mostras remitidas durante un mes máis do 15 % do total que envíe cada ADSG durante todo o ano. O laboratorio poderá en caso necesario rexeitar os envíos de mostras cando se supere o número de mostras permitido.

As ADSG que desexen realizar analíticas correspondentes aos programas sanitarios marco obrigatorios sinalados nesta orde en laboratorios distintos do Lasapaga deberán comunicar expresamente este feito á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

En todos os casos, os informes dos laboratorios cos resultados analíticos obtidos deberán conservarse á disposición dos servizos veterinarios oficiais da Consellaría do Medio Rural durante un prazo mínimo de dous anos.

Programas sanitarios complementarios

As ADSG que o desexen poderán desenvolver un programa sanitario adicional, complementario ao Programa sanitario marco obrigatorio, este programa sanitario adicional debe estar aprobado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de consulta co Lasapaga. En calquera caso, será o Lasapaga quen determinará o número e a frecuencia da mostraxe, logo de estudo da solicitude.

En todo caso, a aprobación de programas sanitarios complementarios estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e de medios persoais e materiais do laboratorio, e non se realizará nas analíticas correspondentes ao diagnóstico das enfermidades incluídas neles a redución de taxas prevista para os programas sanitarios obrigatorios.

Presentación dos programas

Os programas sanitarios presentados polas ADSG incluirán:

No caso de programas de control de enfermidades, explicación detallada das pautas dos tratamentos ou vacinacións que se realizarán, incluída a frecuencia das súas aplicacións, segundo os distintos tipos de animais da explotación, e os produtos que se van utilizar.

No caso dos programas de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización, explicación detallada dos produtos que se van utilizar e das súas pautas de aplicación.

En todos os casos se fará unha valoración económica detallada do custo deste programa, segundo as pautas establecidas.

missing image file

ANEXO VII

Táboa A. Tamaño da mostra requirida para detectar a presenza da enfermidade. Nivel de confianza do 95 %, prevalencia 10 %.

Nº de animais da explotación*

Nº de animais obxecto da mostraxe

<=15

Todos

16-20

16

21-40

21

41-100

25

101-250

27

+ de 251

28

* No caso do BVD a mostraxe se realizará en animais de 9 a 36 meses de idade ou sobre animais seronegativos no caso de non existiren animais deste grupo de idade.

Táboa B. Tamaño da mostra requirida para detectar a presenza da enfermidade. Nivel de confianza do 95 %, prevalencia 2 %.

Nº de animais da explotación

Nº de animais a mostrexar

1-50

Todos ata un máximo de 48

51-70

67

71-100

78

101-200

105

201-400

124

>400

149