Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento do prezo xusto e xuros no expediente de expropiación IN407A 2015/201-1, no concello de Arteixo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento do prezo xusto e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 2 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 2 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

8

Descoñecida

25.2.2022

10.30