Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9865

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO de oferta de emprego para cubrir prazas de auditor.

O Craega anuncia a convocatoria de prazas de auditor para órgano de control.

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir postos de auditor para a provincia de Pontevedra e sur da Coruña.

Segundo. Terán acceso a cubrir a praza titulados superiores, técnicos ou grao en ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos.

Terceiro. O currículo poderá remitirse, no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es

Monforte de Lemos, 7 de febreiro de 2022

Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia