Convocada mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 (DOG nº 62, do 29 de marzo), a provisión de tres postos de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos do Servizo de Admisión, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos de Consultas Externas do Servizo de Admisión da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que se estableza na orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a en esa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022
Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a de grupo de persoal de xestión e servizos de Consultas Externas do Servizo de Admisión da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Nome e apelidos: Mercedes Caeiro Ríos.
DNI (*): ***3908**.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.