De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e os instrutores.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2022
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado |
CO-RES-2021-126 |
Y1247837D |
Resolución |
Pola xefa territorial |
CO-RES-2021-134 |
46903040Z |
Resolución |
Pola xefa territorial |