Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 25 de xaneiro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/201-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.
Concello: Arteixo.
Predio |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
2 |
Manuel Antelo e Victorino Ramos |
25.2.2022 |
10.00 |