De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo, o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos, porque intentada a notificación non se puido practicar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral da Función Pública, situadas no complexo administrativo de San Caetano, edificio número un, planta segunda, en Santiago de Compostela, se desexa coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
DNI/NIF |
Acto notificado |
32801307H |
Resolución do tribunal |