No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) núm. 89, do 20.4.2020, e núm. 112, do 18.5.2020, publícanse as bases xerais para cubrir prazas do cadro de persoal funcionario e laboral, reservadas á promoción interna (vertical e/ou horizontal) na Deputación Provincial de Lugo.
No BOP núm. 193, do 23.8.2021, publícase a convocatoria e as bases específicas para cubrir unha (1) praza de técnico/a superior forestal, escala de administración especial, subescala técnica, técnicos superiores, grupo A, subgrupo A1, reservada á promoción interna vertical, correspondente á oferta de emprego do ano 2018.
No Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 231, do 27.9.2021, publicouse o extracto da convocatoria e abriuse o prazo de presentación de instancias o día 28 de setembro de 2021, que rematou o día 18 de outubro de 2021.
No BOP núm. 11, do 15.1.2022, publicouse o Acordo da Xunta de Goberno do 5.11.2021, polo que se modifica a base específica 4 (requisitos específicos das persoas aspirantes), o que deu lugar, como consecuencia, á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Modelo de solicitude: estará á disposición das persoas aspirantes na web corporativa da Deputación Provincial de Lugo e na súa sede electrónica (catálogo de servizos-Recursos Humanos).
Lugar e forma de presentación: no rexistro electrónico da Deputación Provincial de Lugo, accedendo á súa sede electrónica a través da web corporativa da entidade (sede electrónica-recursos humanos-solicitude promoción interna, alta de solicitude).
Prazo de presentación: ábrese un novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto deste anuncio no BOE.
As instancias presentadas durante o prazo anterior non serán tidas en conta e arquivaranse sen máis trámite.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven desta convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.
Lugo, 19 de xaneiro de 2022
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social