Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10198

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2022 pola que se da publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2021

Convenio

Data da sinatura

Importe económico

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Escola Galega de Administración Pública, para a organización do curso de formación de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional

8.9.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Innovación para a organización do curso Itinerario de excelencia na demanda de innovación

20.10.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra para a organización do curso Actuación e funcionamento da Administración local por medios electrónicos

21.10.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a organización do curso A contratación pública nos grupos de desenvolvemento rural (GDR)

22.10.2021

700 €

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

22.10.2021

Sen achega económica