Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento de axudas (código de procedemento MR405B).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada, por comparecencia, da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que xulgue pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos e documentos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 27/00694/17, de axuda para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

DNI da persoa interesada: 34250252D.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.