Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade da Resolución do 25 de xaneiro de 2022 pola que se ratifica a adaptación dos estatutos da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 25 de xaneiro de 2022 pola que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña e se acorda a súa inscrición no tomo IV, libro 2, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2022

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro