Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para presentar a folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, de acordo co disposto no artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei, dos predios que se detallan no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1951, de expropiación forzosa.

O interesado poderá presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na cal concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición da servidume de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 24 de xaneiro de 2022

Xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa de servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/55-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805.

Concello: Forcarei.

Predio

Titular

1

José Máximo López Vilaboa