Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de 20 días para presentar a folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS ATI726 CT Atios-A Guía, de acordo co disposto no artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI726 CT Atios-A Guía, no concello do Porriño, dos predios que se detallan no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1951, de expropiación forzosa.

O interesado poderá presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na cal concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición da servidume de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 24 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/58-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS ATI726 CT Atios-A Guía.

Concello: O Porriño.

Predio

Titularidade

1

Iñaki Teixeira Rodríguez