Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto eléctrico denominado LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán (expediente IN407A 2019/054-4).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, UFD Distribución Electricidad, S.A., no expediente de expropiación sobre bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán, correspondente aos predios e titularidades que figuran no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Servizo de Coordinación Industrial, situado na praza da Estrela, s/n, Vigo (solicitando cita previa no teléfono 986 81 75 54), e disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 26 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/054-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT GON805, CT Nandín II.

Concello: Nigrán.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Incidencia

2

54035A050002060000HS

LG Lodeiros

Begoña e Yolanda Misa Nández

Enderezo incorrecto