Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10301

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do 26 de outubro de 2021, cómpre realizar as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 52330, no artigo 61.5.a), onde di: «a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de acadar a promoción a terceiro e ter repetido unha vez na educación básica», debe dicir: «a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria e non estar en condicións de acadar a promoción a terceiro».

Na páxina 52335, no artigo 62.2.h), onde di: «...a que se refire o punto 3 deste artigo», debe dicir: «...a que se refire o punto 4 deste artigo».

Na páxina 52338, no artigo 62.4.a), onde di: «Será destinatario desta atención educativa virtual o alumnado vulnerable e o alumnado que por ter familiares conviventes vulnerables non acuda ao centro docente como consecuencia dunha emerxencia sanitaria e para o cal as comisións provinciais de seguimento...», debe dicir: «Será destinatario desta atención educativa virtual o alumnado vulnerable a que se refire o punto 2 deste artigo e o alumnado que por ter familiares conviventes vulnerables non acuda ao centro docente como consecuencia dunha emerxencia sanitaria e para o cal as comisións provinciais de seguimento...».