Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10385

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a autorización do CPR Marcote, de Vigo.

A persoa representante da titularidade do CPR Marcote, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir, na modalidade semipresencial e a distancia do réxime para persoas adultas, o ciclo formativo de grao medio (CM) Actividades comerciais, CM Sistemas microinformáticos e redes, CM Xestión administrativa, o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, CS Asistencia á dirección, CS Automatización e robótica industrial, CS Comercio internacional, CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Desenvolvemento de aplicacións web, CS Márketing e publicidade, CS Promoción de igualdade de xénero e o CS Transporte e loxística.

O centro está autorizado para impartir os devanditos ciclos formativos de ensinanzas de formación profesional en réxime ordinario, modalidade presencial.

Así mesmo, a entidade titular do centro, denominada Colegio Marcote, S.L., cambiou a súa denominación pola de Campus Politécnico Aceimar, S.L., conforme o acordo da sociedade que consta en escritura pública outorgada con data do 13 de setembro de 2021.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir, na modalidade semipresencial e a distancia do réxime para persoas adultas, as ensinanzas do CM Actividades comerciais, CM Sistemas microinformáticos e redes, CM Xestión administrativa, CS Administración e finanzas, CS Asistencia á dirección, CS Automatización e robótica industrial, CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Desenvolvemento de aplicacións web, CS Márketing e publicidade, CS Promoción de igualdade de xénero e do CS Transporte e loxística, e, así mesmo, cambiar a denominación da titularidade, así o centro queda configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Marcote.

Código del centro: 36015822.

Domicilio: avenida da Ponte 80.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36318.

Municipio: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Campus Politécnico Aceimar, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario.

• CM Actividades comerciais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Xestión administrativa (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Automatización e robótica industrial (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Comercio internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Promoción de igualdade de xénero (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Transporte e loxística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

b) Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas.

• CM Actividades comerciais.

• CM Sistemas microinformáticos e redes.

• CM Xestión administrativa.

• CS Administración e finanzas.

• CS Asistencia á dirección.

• CS Automatización e robótica industrial.

• CS Comercio internacional.

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de aplicacións web.

• CS Márketing e publicidade.

• CS Promoción de igualdade de xénero.

• CS Transporte e loxística.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa adecuado á súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente e conforme o artigo 12 da mencionada Orde do 5 de novembro de 2010. As horas semanais de dedicación á titoría colectiva para a realización por parte do alumnado das actividades programadas non poderán ser inferiores ao enteiro igual ou inmediatamente superior ao 25 % das horas semanais que se establezan para cada módulo profesional.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade