Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ACORDO polo que se aproba inicialmente a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria do día 29 de novembro de 2021, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 9 do Plan xeral de ordenación municipal.

Así mesmo, acordou suspender os procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición nos sectores de solo urbanizable nº 4, 9, 18, 19, 20, 24 e 25.

De conformidade co establecido no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, o documento inicialmente aprobado estará dispoñible na sede electrónica deste concello http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal

Sanxenxo, 11 de xaneiro de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente