Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10475

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno, do 31 de xaneiro de 2022, polo que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do día 31 de xaneiro de 2022, acordou facer público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

En cumprimento do disposto neste acordo, ordeno a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo do 31 de xaneiro de 2022, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) do Consello de Contas de Galicia

Mediante o Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 148, do 24 de xullo) convocouse o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), que establece como sistema selectivo o de concurso-oposición.

A base II.2.3 da convocatoria dispón que os méritos correspondentes á fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación de instancias e deberán acreditarse de conformidade co procedemento que estableza a Comisión de Goberno do Consello de Contas e que será publicado no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento da previsión anterior e co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición deste proceso selectivo poidan acreditar os méritos na fase de concurso, a Comisión de Goberno do Consello de Contas

ACORDA:

Primeiro. Aprobar e publicar o procedemento que se seguirá para acreditar os méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) do Consello de Contas de Galicia.

Segundo. De conformidade co establecido na base II.2.3 da convocatoria, os méritos que se baremarán na fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación de instancias, que foi o 21 de agosto de 2020.

Terceiro. A documentación que deba presentarse para tomar parte no concurso dirixirase á Comisión de Goberno do Consello de Contas. O prazo de presentación será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Coa presentación da documentación xustificativa dos méritos a que se alude nos puntos seguintes xuntarase unha instancia-formulario ou formulario web, debidamente cuberta/o e na cal as persoas participantes declararán baixo a súa responsabilidade que son certos todos os datos que fan constar. Nesa instancia de participación deberán incorporar o seu enderezo de correo electrónico de contacto.

No anexo I figura o modelo de instancia-formulario que se utilizará no caso de presentación en papel, que tamén está dispoñible en formato electrónico (formulario web) no enderezo que se indica no punto oitavo deste acordo, se se opta pola tramitación electrónica.

Quinto. A acreditación da experiencia profesional (base II.2.1) farase mediante a presentación da certificación expedida e debidamente asinada polas persoas titulares das unidades da Administración pública en que se prestasen os servizos e que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, na cal deberá constar a seguinte información: indicación de se son servizos en tarefas de auxiliar administrativo en órganos de control externo ou en órganos da Administración pública; en cada tipoloxía dos servizos anteriores detallarase: denominación do posto, centro directivo, réxime xurídico de vinculación (funcionario ou laboral), subgrupo e total de tempo de vinculación (en anos, meses e días) en cada posto.

A certificación da acreditación da experiencia profesional realizarase utilizando o modelo que figura no anexo II ou un modelo equivalente, sempre que conteña a información indicada no número anterior.

Sexto. A acreditación da formación (base II.2.2) farase mediante copias electrónicas auténticas firmadas electronicamente, documentos electrónicos con código de verificación electrónico ou coa presentación de diplomas ou certificación da realización, asistencia ou aproveitamento dos cursos de formación.

Xuntarase, ademais, unha relación dos cursos realizados conforme o modelo que figura no anexo III.

Sétimo. Os aspirantes poderán realizar a tramitación electrónica da documentación a través da sede electrónica de Consello de Contas ou en papel nas oficinas do Rexistro do Consello de Contas de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se a información consignada nos anexos normalizados non reúne os requisitos sinalados neste acordo, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días emende os requisitos formais, con indicación de que, de non facelo, se terá por desistida da súa petición. Só serán susceptibles de emenda os defectos formais en que incorran os participantes na formalización dos modelos anexos publicados neste acordo.

Finalizado o prazo de presentación da documentación, só será posible presentar aquela que os aspirantes acrediten ter solicitado pero que, figurando en poder da Administración, non puidese ser expedida en prazo.

Oitavo. A tramitación electrónica realizarase seguindo estas indicacións: acceder ao enderezo https://consellodecontasgalicia.sedelectronica.gal/, acceder a «CATÁLOGO DE TRÁMITES», seleccionar como categoría «Recursos humanos». Acceder ao trámite «ADM050108 Consolidación de emprego auxiliar administrativo (subgrupo C2)» premendo en «Procesamento electrónico» e seguindo as instrucións que aparecen na pantalla. Pódese acceder con DNI, certificado dixital ou cos sistemas de claves concertadas de Cl@ve.

Para esta tramitación electrónica será necesario cubrir o formulario web dispoñible no enderezo indicado, validalo e presentalo electronicamente, e achegar en formato electrónico a certificación da acreditación de experiencia profesional (modelo que figura no anexo II ou modelo equivalente), e a relación dos cursos realizados (modelo do anexo III) xuntando a documentación acreditativa da súa realización.

Os documentos que carezan de sinatura electrónica e/ou validación electrónica deberán presentarse nas oficinas do Rexistro do Consello de Contas de Galicia ou nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o persoal funcionario do rexistro acredite que é copia auténtica do documento.

Noveno. A tramitación en papel realizarase presentando a instancia-formulario que figura como anexo I, que poderá descargarse na sede electrónica, na información do trámite indicado no punto oitavo ou no taboleiro de novas do proceso selectivo na páxina web do Consello de Contas, así como a certificación da acreditación de experiencia profesional (modelo anexo II ou modelo equivalente) e a relación dos cursos realizados (modelo anexo III), e xuntar a documentación acreditativa da súa realización.

ANEXO I

Modelo de instancia-formulario para a presentación en papel

1. DATOS PERSOAIS.

NIF/CIF

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

CORREO ELECTRÓNICO

TELÉFONO DE CONTACTO

2. MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Á FASE DE CONCURSO.

A) EXPERIENCIA PROFESIONAL (BASE II.2.1).

A acreditación da experiencia profesional (base II.2.1) farase mediante a presentación da certificación expedida e debidamente asinada polas persoas titulares das unidades da Administración pública en que se prestasen os servizos e que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal.

Opcionalmente, poderase usar o modelo que figura como anexo II, que deberá ser asinado polas persoas titulares das unidades da Administración pública en que se prestasen os servizos e que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal.

A.1) POR SERVIZOS PRESTADOS DESEMPEÑANDO TAREFAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (SUBGRUPO C2) EN ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO CON VÍNCULO FUNCIONARIAL OU LABORAL.

Tempo total desempeñado:

ANOS

MESES

DÍAS

A.2) POR SERVIZOS PRESTADOS DESEMPEÑANDO TAREFAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (SUBGRUPO C2) EN ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS CON VÍNCULO FUNCIONARIAL OU LABORAL.

Tempo total desempeñado:

ANOS

MESES

DÍAS

B) FORMACIÓN (BASE II.2.2).

Valorarase a asistencia aos cursos recibidos ou impartidos no Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación de funcionarios das comunidades autónomas, universidades, órganos de control externo, Tribunal de Contas e entes privados con que o Consello de Contas de Galicia asinase convenios de formación, así como os cursos recibidos ou impartidos no marco dos acordos de formación continua nas administracións públicas.

A superación de probas de avaliación dos cursos de autoformación da Escola Galega de Administración Pública equipararase á asistencia a cursos da duración certificada.

Só se valorarán os cursos debidamente acreditados que traten sobre as seguintes materias:

● Procedemento administrativo.

● Contratación administrativa.

● Xestión orzamentaria.

● Persoal.

● Informática: internet, correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo, bases de datos, deseño de presentacións.

Non se valorará:

● A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

● As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

● Os módulos ou partes integrantes dun curso.

Debe achegarse, ademais, a listaxe de cursos realizados segundo o modelo que figura como anexo III e a documentación acreditativa da realización de cada curso.

B.1) CURSOS DE DURACIÓN IGUAL OU SUPERIOR A 8 HORAS LECTIVAS E ATA 40 HORAS LECTIVAS.

NÚMERO DE CURSOS

B.2) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 40 HORAS LECTIVAS E IGUAL OU INFERIOR A 75 HORAS LECTIVAS.

NÚMERO DE CURSOS

B.3) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 75 HORAS LECTIVAS E IGUAL OU INFERIOR A 100 HORAS LECTIVAS

NÚMERO DE CURSOS

B.4) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 100 HORAS LECTIVAS

NÚMERO DE CURSOS

O que fago constar para os efectos de participación no proceso de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (DOG número 148, do 24 de xullo), e declaro baixo a miña responsabilidade que todos os datos son certos.

Lugar, data e sinatura

ANEXO II

Modelo de certificación da experiencia profesional

DATOS DA PERSOA QUE CERTIFICA:

NOME E APELIDOS

CARGO

ENTIDADE

CERTIFICA que, segundo os datos que constan nesta institución/entidade/centro directivo, _________________________________________________________________________ (nome e apelidos), con DNI_____________________, ten acreditados os seguintes méritos en experiencia profesional segundo o disposto na base II.2.1 da convocatoria:

A) SERVIZOS PRESTADOS DESEMPEÑANDO TAREFAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO EN ÓRGANOS DE CONTROL EXTERNO.

Denominación do posto

Centro directivo

Funcionario

Laboral

Subgrupo

Anos

Meses

Días

B) SERVIZOS PRESTADOS DESEMPEÑANDO TAREFAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO EN ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

Denominación do posto

Centro directivo

Funcionario

Laboral

Subgrupo

Anos

Meses

Días

O que fago constar para os efectos de participación da persoa interesada no proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello do 13 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo).

O órgano competente da Administración de procedencia

Lugar, data e sinatura

ANEXO III

Relación dos cursos realizados

NIF/CIF

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

B.1) CURSOS DE DURACIÓN IGUAL OU SUPERIOR A 8 HORAS LECTIVAS E ATA 40 HORAS LECTIVAS.

Curso

Centro de impartición

Relator

Duración (horas)

B.2) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 40 HORAS LECTIVAS E IGUAL OU INFERIOR A 75 HORAS LECTIVAS.

Curso

Centro de impartición

Relator

Duración (horas)

B.3) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 75 HORAS LECTIVAS E IGUAL OU INFERIOR A 100 HORAS LECTIVAS.

Curso

Centro de impartición

Relator

Duración (horas)

B.4) CURSOS DE DURACIÓN SUPERIOR A 100 HORAS LECTIVAS.

Curso

Centro de impartición

Relator

Duración (horas)

Lugar, data e sinatura