Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10644

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

EXTRACTO da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2022 (liñas de axuda 2, 3 e 5) (código de procedemento IN308D).

BDNS (Identif.): 609596.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

a) Empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 2 e liña 5).

b) Empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

En calquera caso, para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE (liña 3).

Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica e do seu modo de financiamento, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas aos empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Segundo. Obxecto

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para fomentar e incentivar a sostibilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2022, a través de cinco liñas de actuación.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 2 serán para o financiamento dos investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído das persoas traballadoras nos seus postos de traballo nas explotacións mineiras.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 3 serán para o financiamento dos investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, especificamente a redución da exposición ao po das persoas traballadoras nos seus postos de traballo nos centros de traballo de elaboración de rocha ornamental.

As axudas que correspondan a actuacións encadradas na liña 5 serán para o financiamento dos investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480: 2019 «Sistema de xestión mineira sustentable. Requisistos» e UNE 22470: 2019 «Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores», as cales acreditan a implantación dun Sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Inclúense no anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2022.

Cuarto. Contía

O crédito destinado para estas axudas é de 700.000,00 euros para as axudas da liña 2, 400.000,00 euros para as axudas da liña 3 e 40.000,00 euros para as axudas da liña 5.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o décimo quinto día hábil posterior a aquel no que se publique esta orde no DOG, e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día no que comezou o prazo

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía,
Empresa e Innovación