Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir seis prazas de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 9, do 14 de xaneiro de 2022, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, seis prazas pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da dita publicación os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 24 de xaneiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal