Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11130

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa

ANUNCIO do 26 de novembro de 2021 polo que se convocan bolsas de posgrao no estanxeiro.

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición da 33ª convocatoria do Programa de bolsas de posgrao no estranxeiro. Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.

Prazo de inscrición: do 10 de decembro de 2021 ao 14 de febreiro de 2022.

Así mesmo, convócase a primeira edición do Doctoral Fellowship Program para universitarios galegos na área de Ciencias da Vida.

Prazo de inscrición: do 26 de novembro de 2021 ao 14 de febreiro de 2022.

Bases e inscrición en www.fbarrie.org

A Coruña, 26 de novembro de 2021

Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa