Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC, no concello de Sanxenxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC, no concello de Sanxenxo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 26 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do
Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/178-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 9PC5DE00 da VLG802 e instalación de TLC.

Concello: Sanxenxo.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

36051A017005140001GI

Veiga

Descoñecida

19 de abril de 2022

12