Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2022, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36S001-47-2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1ª planta, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2022

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36S001-47-2021.

Interesada: Promo Megastore Trading Company, S.L.

CIF/NIF: B05548888.

Acto notificado: cambio de instrutor en procedemento sancionador.