Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado 21/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 21/2022 (procedemento abreviado) de Cristina Casanova Martínez, contra a estimación parcial do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 168, do 1 de setembro).

Categoría: facultativa especialista de área de farmacia hospitalaria.

Acceso: libre.

Ámbito: autonómico.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos